Os veciños do lugar da Pontenaveira veñen de denunciar o estado de abandono en que se atopa este núcleo.
Coa chegada da época de chuvias a situación tórnase insostible para os veciños da Pontenaveira que teñen que facer fronte ás constantes inundacións provocadas pola crecidas do Río Morto. Din sentirse discriminados xa que, a pesar de ter transmitido este problema ó concello, non se lles da unha solución.
De feito o pasado xoves, acompañados da concelleira socialista Teresa García, unha representación dos veciños mantivo un encontro con membros do goberno. Nela comprometéronse a enviar persoal para realizar a limpeza do río. Unha solución que, aínda non se materializou, e que consideran que non é a deinitiva.
Pola contra, esixen a creación dunha ponte ou a instalación de tubos máis amplos que permitan canalizar o caudal.Os socialistas levarán a pleno unha MOCIÓN solicitando que se inclúa este proxecto nalgún dos fondos habilitados por outras administracións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario