Nota de prensa do PSdeG-PSOE e do Secretario de Educación da CENG e portavoz parlamentario de Educación Guillermo Meijón.
A Xunta retira a gratuidade dos libros de texto con "nocturnidade e alevosía” Guillermo Meijón reclama a Feijóo que "volva ao carril correcto, o da esquerda, cunha sociedade adiantada en dereitos universais"
Santiago, 19 de xuño de 2009. O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, acusou hoxe á Xunta de retirar a gratuidade dos libros de texto en todo o ensino obrigatorio con “nocturnidade e alevosía”. Reclamou a Feijóo que “volva ao carril correcto, o da esquerda, cunha sociedade adiantada en dereitos universais” e dixo que “educar é o mellor investimento, especialmente nun momento de crise no que estamos obrigados a investir en capital humano”.
O parlamentario socialista lamentou o rexeitamento por parte do Grupo do PP dunha iniciativa na Comisión de Educación na que os socialistas reclamaban o mantemento da gratuidade dos libros de texto. Na súa intervención acusou ao responsable de Educación da Xunta de “non comparecer no Parlamento porque quería ter os centros vacíos cando anunciara a súa decisión de eliminar a gratuidade dos libros de texto” o que, dixo, “non é unha parálise, e unha volta atrás vergonzante”.

Meijón reclamou ao conselleiro “tan amigo das enquisas” que “consulte tamén aos pais si queren libros de texto gratuítos ou agrupar aos alumnos nun número que nin sequera Manuel Fraga se atrevía”. Lembrou tamén que o anterior conselleiro de Educación, Celso Currás, referíase expresamente á implantación da figura do acompañante escolar, o impulso das novas tecnoloxías e a gratuidade dos libros de texto como logros destacables do goberno anterior.
O parlamentario socialista instou a Feijóo a que “non minta cando dicía que o seu programa de austeridade non ía contra o gasto social, e resulta que a primeira decisión é eliminar a gratuidade dos libros de texto”. Preguntou polo tanto “si en sanidade tamén van anular o sistema e dar as receitas en función da renda” e lembrou que “o dereito á educación non é menor ao dereito á sanidade”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario