NOTA DE PRENSA
OS SOCIALISTAS POBRENSES MOSTRANSE INDIGNADOS POLA DESTRUCCIÓN MASIVA DA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO.
A Pobra 17 xuño 2009.-Os socialistas da Pobra lamentan profundamente que unha medida que afectou a máis de 217.000 alumnos e 167.000 familias, un 334 por cento máis que durante os anos de goberno do PP, unha medida de progreso e avance social e educativo, se vexa agora AMENAZADA polo GOBERNO FEIJOO, que NON CREE NO ENSINO PÚBLICO, NON CREE NA SOCIEDADE DO BENESTAR NIN NA IGUALDADE DE DEREITOS. O PP NON TEN VERGOÑA, está entrando a saco e isto non fixo mais que comezar.
O PSdeG pobrense quérelle trasladar ás ANPAS e Centros de ensino da Pobra que apoiarán nas Institucións, a través de iniciativas parlamentarias ou doutro tipo, como a de hai uns días, que os DEREITOS ADQUIRIDOS dos cidadáns non sexan dilapidados e polo tanto farán unha defensa férrea da gratuidade dos libros de texto para todos os alumnos.
“Café para todos, SÍ”
O PSdeG da Pobra chama á reflexión de toda a sociedade acerca de medidas que o PP califica de “café para todos” e apoia as mesmas sinalando que é así e non doutro xeito en Educación, Sanidade, Pensións e Dependencia, os catro pilares da sociedade do benestar, Se pregunta, si en adiante as rendas por enriba das medias e das máis desfavorecidas, terán que pagar tamén por ser atendidos na Sanidade pública. A universalización do sistema público de saúde chegou da man dun goberno socialista e ¿qué pasaría si lles din ós cidadáns que unha parte deles van ter que pagar agora as radigrafías, os TAC’s, as RM ou as mamografías etc?
En democracia os DEREITOS ADQUIRIDOS son intocables, sinalan. Non se poden vulnerar n in destruír en ningún caso. O que busca sempre o PP é a DESTRUCCIÓN MASIVA dos avances levados a cabo por gobernos socialistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario