Agora que rematou o curso é un bo momento para darvos a coñecer algúns dos traballos que levaron a cabo este curso alumnas e alumnos de 4º curso de ESO, no iES da Pobra do Caramiñal. ¡¡Vaia nivelazo o destes rapaces e rapazas!! O que ides ver é o resultado duns traballos da aula de Lengua y Literatura Española, acerca da obra do escritor e poeta Pablo Neruda. Din por ahí que os profes quedaron abraidos, e non é para menos. O primeiro video está inspirado no poema XV (Me gustas cuando callas...) e o outro no poema XII (Para mi corazón basta tu pecho...), do poemario Veinte Poemas de Amor y una Canción Desesperada do que fora Premio Nobel de Literatura.
¡¡NORABOA ÓS AUTORES, ACTORES E ACTRICES, GUIONISTAS, DIRECTORES ETC!!
NORABOA Ó IES ...¿E ISO QUE DIN QUE O ENSINO PÚBLICO É MALO?
ESTAMOS ORGUIOSOS DOS NOSOS RAPACES E OS ANIMAMOS A SEGUIR APRENDENDO A FACER BEN AS COUSAS.
Podédes seguir todo o feito no IES A Pobra do Caramiñal, a través da súa páxina A Tabarra Dixital

Tamén lle agradecemos ó profesorado que poña en marcha este tipo de actividades implusoras da creatividade, que ó mesmo tempo fomentan a lectura e serven para dignificar o ensino público tan denostado pola dereita, como estamos a ver, sin ir mais lonxe hoxe mesmo, co decreto que elimina a gratuidade dos libros de texto. Unha mágoa que moitos pais e nais non o tiveran en conta cando depositaron o seu voto o 1 de marzo pasado.
Quince from Colfils Bros. on Vimeo.
Conecta. Poema 12. Pablo Neruda from PabloN on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario