No Pleno ordinario do pasado 26 de marzo, cando se someteu á aprobación inicial os orzamentos municipais do ano 2009, o goberno municipal nos presentou as inversións previstas para este ano. Coñecemos que con cargo ó Plan da Deputación de Colaboración cos Concellos se pretendía restaurar e rehabilitar uns muíños na Ponte Barbanza. Foi no transcurso dese Pleno cando lle reclamamos ó goberno municipal que lle pagara os donos o inmoble. Sabíamos que fixeran algunha entrega cando firmaron o acordo pero posteriormente esquecéronse da familia propietaria.
En marzo, no transcurso do Pleno, obtivemos a calada por resposta por parte do Sr. Isaac,;debeu pensar no refraneiro popular, ou a ver si desa maneira, con silencios, a prensa non se facía eco do desaxuste..
No Pleno do pasado 28 de maio volveuse a falar do mesmo tema con motivo da aprobación definitiva dos orzamentos e ca aprobación dos proxectos do Plan de Cooperación cos Concellos. Volvemos a criticar con dureza e rigor a actitude do equipo de goberno. Non se pode concibir que se encargue un proxecto de execución e rehabilitación no mes de marzo sen que se teña intención de pagar ós particulares tres meses despois.
As doazóns son un acto voluntario dos cidadáns e este non é o caso: trátase dun compromiso de pago adquirido polo Concello que non están atendendo.
Acudimos a semana pasada á Intervención do Concello a preguntar si se fixera recentemente fronte as cantidades pendentes de pago en relación con esta adquisición. A resposta foi que aínda non se fixo efectiva a cantidade correspondente ó ano 2008.
Esta acción do goberno local é indigna e inmoral. Teñen exposto na entrada do Concello o proxecto da rehabilitación dos muíños como unha das obras insignes deste ano, pero con moita “cara dura”, con moita falta de vergoña e con moito desprezo ás familias que asinan acordos co Concello.
A rehabilitación do patrimonio etnográfico é unha asignatura pendente é estes serian os primeiros muíños que se recuperarían no noso concello: unha construcción tradicional e característica da nosa cultura.
O proxecto plantexa unha zoa de museo onde poder visualizar graficamente a través duns expositores o funcionamento dos muíños, despois, poderase ver os muíños e velos funcionando.
Está prevista a execución das seguintes obras:
1.- Limpeza do solar
2.- Restaurar os cerramentos de pedra existentes
3.- Execución das cubertas
4.- Execución dos soldados na planta baixa e na primeira planta
5.- Colocación de carpinterías e acristalamentos.
6.- Instalación da Fontanería
7.- Instalación da Electricidade
8.- Instalación do saneamento.
O total do presuposto ascende a 129.650 euros; a achega municipal é de 12.967 euros.
Recordar que o Goberno de España, presidido por Zapatero, puxo en marcha 2 liñas de apoio para as entidades locais, que consiste nun Plan de financiamento que posibilita a estas financiar as facturas pendentes con empresas e autónomos. Con este plan pódense atender os pagos pendentes con provedores e afrontar a actual situación de dificultades de tesourería pola que pasa o Concello da Pobra. É de sentido común que as administracións son as que deben dar exemplo atendendo ós seus compromisos cos provedores , non cabe dende logo mellor medida de apoio.
Así mesmo, consideramos que acollerse a este Plan é unha oportunidade que o Concello non debe desaproveitar, e se non o está a utilizar debe dar unha explicación a tódolos veciños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario