domingo, 29 de marzo de 2009

DESMENTIDO A VOZ DE GALICIA


La Voz de Galicia do sábado 28 de marzo do 2009 ven de afirmar que Rosana Pérez cualifica a inversión dos xardíns Valle Inclán como un despropósito e un insulto para os veciños da Pedreira, Sende ou Manuel Escurís.

Rosana Pérez non fixo mención a estes lugares do noso pobo, esas afirmacións fíxoas a portavoz dos socialistas da Pobra que presentaron unha iniciativa para que se arranxara o camiño da Pedreira no Pleno do 25 de xaneiro deste ano, da mesma maneira que solicitaron o arranxo da plaza Manuel Escurís no pleno do 29 de maio do ano 2008.

A voceira socialista,Teresa García Guillán, dixo: “que era un insulto para os veciños do rural que se inclúa no Plan de Cooperación cos Concellos da Diputación o arranxo dos xardíns por importe de 130.000 euros, cando quedan moitos servicios básicos sen cubrir e moitos camiños que asfaltar ou en condicións lamentables. Preguntábase que pensarán os veciños da Pedreira que teñen o seu camiño destrozado, os de Sende ou os veciños da praza Manuel Escurís, e tantos outros que teñen o saneamento sen facer e que carecen de auga potábel”.

Cremos convinte facer esta aclaración, xa que hai tempo presentáronse mocións relativas á mellora deses lugares, que foron votadas en contra polo PP.


No hay comentarios: