Pobra: 29-03-09
OS SOCIALISTAS DA POBRA ACUSAMOS DE NEGLIXENCIA Ó EQUIPO DE GOBERNO DO PP.
No Pleno do pasado xoves, día 26, os socialistas levamos unha iniciativa que xa se presentara o 7 de febreiro, para solicitarlle ó goberno local da Pobra que fixera as xestións oportunas para levantar un muro de contención na Ribeiriña, concretamente no Camiño Real. Habíase derrubado un talud de terra e caera parte da estrada, co conseguinte perigo para os peóns e os vehículos.
Dende a Dirección do PSOE da Pobra, facilitamos reunións cos veciños e o Xefe da Demarcación de Costas. O resultado foi que o propio Rafael Eimil se interesou por darlle unha solución ós veciños, ademais das xestións feitas polo Deputado en Madrid, Ceferino Díaz.
Custounos moito traballo e esforzo pero conseguimos que se fixera una actuación urxente.
A actuación de emerxencia xa empezou e vanse a facer
A actuación ten un presuposto aproximado de 350.000 euros.
A sorpresa foi cando se debateu esta moción no Pleno e o PP votou en contra. É dicir, o Ministerio de Medio Ambiente está financiando unhas obras que son de competencia municipal, e resulta que......¿¿o equipo de goberno vota en contra??..... ¡¡É surrealista cando menos!! Realmente son unha pandilla de desagradecidos; Vaia trato que lle están a dar a este tema, porque quen presentou a iniciativa fomos NÓS, os socialistas da Pobra..
O trato dispensado por "Isaac o Magnífico", é degradante, ofensivo, vexatorio e humillante ante esta decisión; aínda por riba deixáron sen recoller o lixo durante mes e medio. Verdadeiramente ca súa presión, foron os veciños e veciñas os que conseguiron que se fixeran estas obras, pero ninguén merece que se lles trate desta maneira.
A falta de consideración do Alcalde e o seu equipo non ten limites, estes veciños da Ribeiriña levan sufrindo moitas carencias e os responsables municipais son incapaces de recoñecelo.
Co voto en contra desta moción, o normal sería que a propia Demarcación de costas parara as obras e que continuara o concello cos arranxos. SI O GOBERNO MUNICIPAL ESTÁ EN CONTRA ¿que fai a Demarcación de Costas na Ribeiriña?
Os socialistas da Pobra, traballamos conxuntamente cos veciños para conseguir eses 350.000 euros, porque si non o fai o Goberno de Zapatero, estamos seguros que o Magnífico os deixaba como estaban.
Dende a nosa formación política parécenos inconcibible a forma de actuar deste personaxe que é o Alcalde e os seus concelleiros ¿Como votan negativamente ante unha solución urxente dun problema que supoñía un risco para as persoas e os bens das mesmas?
Non nos queda máis que denunciar publicamente a irresponsabilidade, a neglixencia e a deriva na que se atopa o equipo de goberno do noso concello.
A dobre moral do PP deste pobo non é nada novo, é mais do mesmo, na liña habitual á que nos ten acostumados o PP de Rajoy y de Núñez Feijoo.
Que mediten e que satisfagan moralmente a estes veciños que polas carencias que sofren, que o teñen ben merecido
No hay comentarios:
Publicar un comentario