martes, 31 de marzo de 2009

¡¡¡¡Gracias Zapatero polo Plan E !!!!



¡¡¡Por fin!!!!....xa están colocados os dichosos cartelis do Plan E, ou mais ben Plan Z (de Zapatero). Aínda que non moi visibles a verdade. A Isaac "O Magnífico" non lle quedou outra despois de que dende o PSdeG denunciara públicamente hai uns días (o tendes nunha entrada anterior), que as obras das Pedriñas e de Torre Xunqueiras, ademais de outras irregularidades, non estaban debidamente sinalizadas, como é preceptivo. Eses carteis son de hai dous días. Parece que a chamada do Subdelegado Provincial do Goberno fixo o seu efecto. Pero este non era o único problema porque hoxe as obras seguen paralizadas. E nós preguntámonos ¿¿POR QUE??. ¿Por que o mandatario ordenou a súa paralización? ¿Empezaría a chover por alí e nós, o resto dos veciños da Pobra, non nos enteramos?. E que si lembrades O Magnífico dixo aquelo na prensa de que empezaran antes, para aproveitar o bo tempo. Pois o "home do tempo" dixonos que non, que por alí non chovera aínda, así que só hai unha explicación: ¿¡non será que SI HAI IRREGULARIDADES IMPORTANTES NA ADXUDICACIÓN??. Cando as cousiñas se fan ben, con luz e taquígrafos, sen chapuzas polo medio, non hai necesidade de paralizar nada. Así que lle imos preguntar de novo, para que llo explique á cidadanía deste pobo o porque da paralización. Porque pola choiva non foi.....eso dende logo.
Y sería convinte que deixaran de manipular e mentir, aínda que pedirlle eso o PP, é iluso; para iso hai que ter moita, moita fe. E polo dagora tanta non temos. Levan a habilidade de manipular e mentir debaixo das uñas.

Estes Fondos de Inversión Local para o Emprego, financiados polo Goberno de España, foron creados especialmente para fomentar a creación de emprego, así que lle imos preguntar de novo a estes caciques, a cantos parados do noso pobo se empregaron, e si as empresas locais puideron participar nas mesmas condicións que “Fermín Simal, SL” empresa á cal se lle adxudicou antes de tempo varias obras.
De tódolos proxectos financiados polo Goberno de España no noso concello, só dous poden der adxudicados a dedo:
-A remodelación e condicionamento do Xogo da Bola (40.369 €)
-Remodelación de vestiarios e ampliación de almacén de embarcacións no edificio de usos naúticos do Castelo (31.183 €)
A Lei de Contratos do sector público considera obras menores aquelas cun importe inferior ós 50 mil €, que si poderán ser contratadas "directamente" pola administración. Son as únicas do Plan E na Pobra.

No hay comentarios: