lunes, 23 de marzo de 2009

Moción reparación en Rafael Calleja

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a solicitude de reparación das lousas de pedra da rúa Rafael Calleja.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Hai poucos anos o equipo de goberno apostou por facer unha forte inversión na rúa Rafael Calleja co obxecto de empedrala e darlle uso peonil, para elo colocáronse uns bolardos para evitar a libre circulación dos vehículos.

Co tempo desapareceron os bolardos e incluso se construíu un edificio de vivendas. Para dita construcción foi necesario que circularan os camións cargados con toneladas de cemento e materiais de obra, pero os responsables municipais non esixiron protección para evitar que as lousas de pedra colocadas no chan da rúa se romperan.

Na actualidade mantense a libre circulación de vehículos en contra do que determinou o equipo de goberno cando apostou pola pedra.

Toda esta deixadez ou permisividade fai que a rúa teña necesidade de renovar moitas das lousas de pedra pois a maioría delas ou están rotas ou móvense, dando un aspecto de abandono e supoñendo un perigo para a deambulación dos peóns.

E por elo, que solicitamos que o Pleno adopte o seguinte

ACORDO

Que se reparen tódalas lousas de pedra rotas ou que se moven da rúa Rafael Calleja.

Pobra do Caramiñal, a 10 de marzo de 2009

Asdo..- Mª Teresa García Guillán

No hay comentarios: