lunes, 23 de marzo de 2009

Moción asegurar terreo na Ribeiriña

Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a solicitude de arranxo do Camiño Real no lugar da Ribeiriña.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

A Ribeiriña pasa por ser un dos lugares máis abandonados do noso Concello. A miúdo vémonos na obriga de ter que acudir o lugar porque nin tan sequera os servicios mínimos municipais, se lle prestan ós residentes.

Nesta ocasión e con motivo das fortes choivas os veciños nos solicitan axuda por mor do derrube de parte do camiño.

Consideramos que están nunha situación moi precaria e que dito derrube lle impide que algúns servicios básicos non cheguen ós seus domicilios, como poden ser, o gas butano ou a recollida do lixo, (non hai lugar onde poder dar a volta, o cal obriga a facer un bo treito marcha atrás). En consecuencia, é prioritario restablecer o mais axiña posible, en condicións de seguridade, a circulación dos vehículos dos residentes e dos camións que prestan servicios na zona, así como garantir de que as persoas non corran riscos persoais.

É necesario e urxente facer unha actuación co fin de estabilizar o terreo para evitar estes derrubes. Estámonos referindo a unha zona onde erosiona o mar fortemente e que dende hai polo menos 20 anos vai desaparecendo o terreo sen que ninguén faga nada para asegurar o noiro de terra. Na actualidade a erosión do mar está perpendicular ca estrada, faltan uns 3 metros aproximadamente para que os derrubes cheguen as vivendas dos veciños.

Para asegurar o terreo haberá que construír un muro de contención, facer un rompeondas, unha escollera ou outra infraestructura similar que a vez permita a colocación dunhas varandas de seguridade na estrada. No houbo que lamentar accidentes ata o de agora pero é responsabilidade do Goberno Municipal a conservación das estradas municipais, a seguridade viaria das mesmas, e a prevención de accidentes.

E por elo, que solicitamos que o Pleno adopte o seguinte

ACORDO

1º.- Que se fagan as xestións necesarias para a obtención dos permisos pertinentes para construír un muro de contención ou calquera outra obra similar no Camiño Real, situado na Ribeiriña.

2º.- De maneira urxente, facer as obras correspondentes a contención do terreo, sexan con fondos propios municipais ou recursos procedentes doutras Administracións.

3º.- Dotar a estrada dun petril, muro ou varandas para evitar caídas a distinto nivel dende a estrada.

Pobra do Caramiñal a 05 de febreiro de 2009


Asdo..- Mª Teresa García Guillán

No hay comentarios: