domingo, 22 de marzo de 2009

Delegados/as ó Congreso Extraordinario


Onte os socialistas da Pobra celebramos a Asamblea Extraordinaria para elixir ós dous delegados (lista paritaria e pachada) que haberán de representar á agrupación no Congreso Extraordinario. Irán ó mesmo a nosa Sª Xeral Teresa García e o "vice" Manolo Pardavila. De suplente foi proposto Borja Paz. Tamén apuntáronse compañeiros e compañeiras para asistir en calidade de observadores. Despois, no transcurso doutra asamblea de carácter ordinario analizáronse nun debate as causas que nos levaron a perder o Goberno da Xunta. Por certo que contamos coa presencia dun novo compañeiro moi xoven. Benvido sexas José Antonio por achegarte a nós nun momento que non é o mais fácil.
Moi pronto celebraremos outra xuntanza para "posicionarnos" e, no seu caso, mandatar ós delegados cara ó Congreso Extraordinario. No seu momento a asamblea decidirá que imos facer no mesmo. Pero ese debate será un pouqiño mais adiante cando saibamos que proxecto nos presentan os que opten á Sª Xeral do PSdeG-PSOE. Polo de agora só un deu o paso....

No hay comentarios: