lunes, 23 de marzo de 2009

Queremos unhas praias sen lixo ¡¡ XA!!


Os socialistas queremos unhas praias limpas todo o ano, sen cadáveres nin escombros. É unha mágoa asistir nestas datas, cun tempo case veraniego ao espectáculo diario de lixo acumulado nun lugar de paseo como é O Areal. É lamentable que o Alcalde só as limpe cando chegan os veraneantes. Nós preguntámonos si é que os veciños e veciñas non temos dereito a disfrutar dun paseo limpo que nos permita incluso, nun día soleado, ir a tomar o sol un rato. Estas fotografías esta´n tomadas hoxe 24 de marzo, en vésperas de Semana Santa; por iso o vindeiro xoves o Grupo Municipal Socialista vai levar ó Plano a seguinte MOCIÓN que transcribimos a continuación. QUEREMOS PRAIS SEN LIXO ¡¡XA!!

MOCIÓN


Mª Teresa García Guillán, concelleira do Grupo Municipal Socialista do Concello da Pobra do Caramiñal, o abeiro do disposto no art. 97/3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa o acondicionamento das praias.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Co cambio estacional e ca chegada do bo tempo é de esperar que as nosas praias teñan un aumento importante de visitantes. Isto vai depender en maior grado da calidade das nosas augas e do equipamento dos areais.

Solicitamos que se preste unha maior atención as praias do litoral da Pobra que habitualmente quedan esquecidas (A Corna, Areos, San Antonio, San Lázaro, Raposiños, A Mercé, etc).


Todas elas sofren dende hai moitos anos grandes carencias, sobre todo na calidade dos accesos, servicio de augas, recolleita e limpeza de lixo, de instalacións de mobiliario urbano co fin de facer delas un sitio mais agradable ó que acudir.



E por elo, que solicitamos que o Pleno adopte o seguinte


ACORDO


Que se reparen tódolos accesos de estas praias, que se doten de duchas, de papeleiras onde botar o lixo e, sobre todo, que se inicie a limpeza das mesmas e se estableza un servicio de limpeza e recollida de lixo durante toda a tempada de praias.

É en especial que se dote a praia dos Areos de máis accesos para minusválidos, para que estas persoas tamén podan disfrutar da nosa costa.


Pobra do Caramiñal, a 10 de marzo de 2009

Asdo.- Mª Teresa García Guillán

No hay comentarios: