viernes, 27 de marzo de 2009

A Xestora e o Grupo nomean portavoz a Leiceaga


Hoxe a Comisión Xestora celebrou unha xuntanza co grupo parlamentario. Na mesma acordouse que Ricardo Varela fora o representante do PsdeG na Mesa do Parlamento, e que Xaquin Fdez Leiceaga fora o portavoz para o debate de investidura. Estas decisións, así como os nomeamentos dos portavoces das distintas comisións, a elección do Presidente do grupo etc, están condicionadas á ratificación pola nova dirección que saia elixida do Congreso Extraordinario de Pontevedra os días 24 e 25 de abril.




Hoxe tamén José Antonio García Lores, Sº do PSdeG pontevedrés anunciaba que Pepe Blanco vai inaugurar ó Congreso e que na clausura contaremos coa presencia do Presidente do Goberno e Sº Xeral do PSOE José Luis Rodriguez Zapatero.





No hay comentarios: