viernes, 27 de marzo de 2009

O Alcalde obrigado a suspender temporalmente obras do Plan Zapatero


O noso ilustrado Alcalde, Isaac Maceiras, ven de facer unha das súas. Hai uns días o PSdeG pobrense denunciaba que se estaban acometendo obras nas Pedriñas con cargo ós FIL (os fondos de Zapatero para paliar a crise) de xeito irregular. A adxudicación das obras fíxose "dixitalmente" sin facer concurso nin darlle publicidade, e por enriba non colocaron o preceptivo carteliño coa lenda "FONDO DE INVERSIÓN LOCAL PARA LA CREACIÓN DE EMPLEO DEL GOBIERNO DE ESPAÑA". Esqueceuse....¡¡que raro!! ¿verdade?. Pois ben, os socialistas puxémonos en contacto co Subdelegado do Goberno de España e contámosllo: froito desa xestión, o Alcalde foi "avisado" de que podería perder a financiación. Paralelamente, despois de que denunciaramos a adxudicación "dixital", o Sr. Maceiras saiu nos medios atacando e dicindo que se paraban as obras pola nosa culpa.
SR. MACEIRAS...¡¡NON LLE TOME O PELO AOS VECIÑOS E VECIÑAS!! AS OBRAS EN PEDRIÑAS PARÁRONSE POR FACER AS COUSAS REMATADAMENTE MAL...¿ ou é que tras tantos anos na Alcaldía aínda non se enterou de que só se poden adxudicar obras a dedo ata unha cantidade determinada? As obras acometidas, e rematadas xa, con cargo ós Fondos do Estado, dende Torre de Xunqueiras á Pontenaveira (asfaltado, alcantarillado, auga e alumeado), superan os ¡¡50 MIL EUROS!!...exactamente.... ¡¡¡¡231.958,36 EURAZOS DO GOBERNO ZAPATERO QUE SÓ BENEFICIA A DÚAS CASAS E CASUALMENTE A UN HOSTELEIRO AMIGO!!!!, polo tanto non podía "dalas" dese xeito. Podería estar incurrindo vostede nun delito, sabedor e coñecedor de que HAI QUE FACER UN CONCURSO.
Estas obras teñen como finalidade a creación de emprego. Os socialistas pregúntamonos CANTOS POSTOS DE TRABALLO se crearon E CANTAS EMPRESAS DO NOSO POBO se beneficiarán para a realización desas obras.
O Alcalde da Pobra..... ¿é algo máis que toupa?..... ¿ou non vos parece?.

No hay comentarios: