Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do
Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do
R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a a reconsiderar a aplicación
do tipo xeral do IVE do 21% aos servizos de perruquería.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
As perruquerías son, habitualmente, pequenos
negocios formados por un autónomo e un ou dous empregados, estando o 85% deles
rexentados por mulleres. Este sector agrupaba en España, no ano 2011, a 48.000
salóns, nos que, de forma directa, traballaban unhas 120.000 persoas.
A crise económica, que dende 2008 afecta á
economía do noso Pais, sitúa a esta actividade do sector servizos nun punto de
extrema dificultade debido, sobre todo,á baixada da afluencia de clientes e,
por tanto, ó menor número de servizos realizados.
Como consecuencia de esta situación, moitos
salóns víronse obrigados nese momento a realizar importantes axustes no seu
nivel de prezos e, en consecuencia, nos seus marxes, co fin de frear a
importante caída de clientes e intentar, como tantos sectores, seguir co
negocio mantendo os postos de traballo.
En setembro do 2012 entrou en vigor unha nova medida tributaria,
adoptada polo Goberno, consistente en incrementar o IVE a abonar por estes
servizos do 8% (vixente ata o 31 de agosto do 2012) ó 21%.
A importantísima subida de 13 puntos
representou para estes salóns o seu afundimento definitivo. Os motivos son
claros:
Os salóns que
trasladaron a subida, viron desaparecer gran parte dos seus clientes, que non
estaban dispostos a pagar un incremento tan desmesurado nas tarifas de prezos,
nunha época onde toda a economía estivo e está a rebaixalos.
Os salóns que non
trasladaron a subida, sufriron fortes resultados negativos na súa recadación,
véndose obrigados, en moitos casos, ó peche da actividade.
Dicir, a efectos
aclaratorios, que o marxe medio de beneficio dun salón é inferior o 13%.
As cifras xerais son moi preocupantes.
Durante 2013 cerráronse mais de 8.000 salóns en España e perdéronse 20.000
postos de traballo. As previsións para o 2014 apuntan a una nova perdida de
5.600 empresas e a outros 14.000 empregos directos. En dous anos, este sector
reduciuse nun 28% co conseguinte impacto colateral en outros sectores (empresas
de subministracións de produtos, aparatoloxía, mobiliario, etc.) Mentres tanto,
recentemente (xaneiro 2014), o Goberno anunciou a rebaixa impositiva do 21% au
10% nas transacións de obxectos de arte e anticipa unha rebaixa do IVE
cultural, como medida para incentivar o seu consumo aludindo a que é moi
importante para a economía española.
O noso entender, o sector da perruquería non
só é relevante dende o punto de vista numérico, que o é e moito, senón tamén
dende o punto de vista social. Forma parte do tecido empresarial do país, é un
sector de pequenos empresarios e emprendedores que manteñen, aínda hoxe, un
número importante de empregos e que ademais, é dos pouco sectores que están
rexentados por mulleres na súa practica totalidade.
Por todo iso, este grupo que
represento solicita a adopción dos seguinte
ACORDO
O
Concello de A Pobra do Caramiñal insta ó Goberno do Estado a reconsiderar a
aplicación do tipo xeral do IVE do 21% aos servizos de perruquería, volvendo á
aplicación do tipo reducido do IVE do 10%.
A Pobra do Caramiñal, 12 de maio de 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario