domingo, 19 de julio de 2009

A AGONÍA DO COMERCIO LOCAL , UN ÉXITO DO SR. ISAAC

Vai xa para dez anos que o Partido Popular goberna o noso concello da Pobra do Caramiñal. Dez anos de promesas baleiras e reiteracións dirixidas unicamente aos medios de comunicación, moi lonxe da realidade social e económica que estamos a vivir na Pobra.

Escoitando ao Sr. Isaac dános a impresión que a Pobra ven a ser así coma o pobo ideal, o estado da perfección tanto espiritual coma do benestar, e o futuro que el nos propón é de viño e rosas.

Lamentablemente, e para mal dos nosos veciños, observamos como durante os dez anos que levan gobernando no foron capaces a reactivar o comercio local e dinamizar con propostas serias, ese alicerce tan importante da nosa economía.

Así pois, asistimos atónitos á decadencia dos nosos comercios, ao peche, á falla de clientes, e o que é aínda máis grave, á falla de motivación para mercar no noso Concello.

Durante todo este tempo de promesas, o Sr Isaac ¡¡foi INCAPAZ!! de crear e estruturar un plan de defensa e promoción do noso comercio. Desgraciadamente, as iniciativas de promoción dos nosos comerciantes e da hostalería, sen o apoio do Concello non son suficientes. Mentres tanto, o Sr Isaac dorme e soña na súa fantasía agardando que a man divina amañe o entorno.


No hay comentarios: