jueves, 16 de julio de 2009

AS CHAPUZAS DE MACEIRAS EN DO MAIOR

NOTICIA EN CANAL RÍAS BAIXASTVSB


Cada vez que indagamos na política que fai o Sr. Isaac, nos horrorizamos máis.

Dixo, en tódolos medios de comunicación, que a escola de música da Pobra a xestionaba unha asociación e que esa entidade se encargaba da contratación dos profesores

Visto que non hai ningún acordo da xunta de goberno local, que indique as condicións en que se cede a casa de Raquel Fdez. Soler, para uso dunha asociación,

Os socialistas da Pobra QUEREMOS SABER:

Que tipo de asociación é a que xestiona a música no noso Concello. No seu día xa acudimos a solicitarlle o Sr. Secretario Municipal copia dos estatutos da mesma. A resposta foi que non están na Secretaría.

Foi entonces cando preguntamos na Intervención si lle supoñía algún ingreso ou custe económico o Concello a creación desta escola de música. Non supón ningún movemento de tesoureria.

Con estes datos o que sabemos é que o Sr. Isaac cedeu un local público e tamén uns instrumentos doados por empresas particulares ó Concello, gratuitamente.

Se é certo que uns particulares obteñen beneficios económicos. A día 1 de xuño tiñan 62 alumnos matriculados, a razón de 50 euros cada un, supón un total de 3.100 euros o mes netos, xa que non soportan absolutamente gasto algún. Os gastos de aluguer de local, luz, auga, limpeza e incluso os funcionarios municipais que atenden ó público, van con cargo ó erario público.

Podese chamar escola municipal de música a unha actividade que o Concello non subvenciona, e onde os rapaces a pesar dos esforzos que fagan non van obter unha titulación académica por elo?

Que prezos paga o alumnado e se os considera o Sr Isaac comparables aos dos cursos regrados e oficiais de Boiro e Ribeira ou mais ben ós dun negocio particular En todos os conservatorios profesionais as clases de instrumento son individuais

UNHA ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL BEN PLANIFICADA, ESTRUTURADA E HOMOLOGADA É UNHA IDEA QUE OS SOCIALISTAS APOIARÍAMOS SEN NINGUNHA DÚBIDA, PERO AS “CHAPUZAS” NON. E isto ten toda a pinta de ser unha CHAPUZA.

Sr. Isaac, pedimos transparencia e unha conducta irreprochable e exemplar para cos cidadáns. Deben planificar, organizar con criterios técnicos e profesionais e estructurar debidamente tódalas actividades que oferta, non dedicarse a facerlle favores a colegas ou amigos íntimos.

Con esta actitude o que fan é afundir economicamente ós profesionais que viven da música na Pobra, que pagan un aluguer dun local, a súa seguridade social, os seus impostos. Vostedes autorizan e patrocinan unha competencia desleal que os músicos profesionais da Pobra, non se merecen, xa que pagando os seus impostos están axudando a que este concello medre.

Solicitamos, dende o Grupo Municipal Socialista, copia dos estatutos de esa asociación, solicitamos asimesmo transparencia e claridade para saber si os mestres da escola de música traballan con ou sen ánimo de lucro, a onde van os cartos que saen de explotar uns instrumentos públicos e un espacio público, si pagan impostos ou si por riba teñen exención do IVA,...

Consideramos que unha escola de música non pode estar ubicada en calquera instalación, senón que debería estar nun local acondicionado para esta actividade, un dos requisitos básicos é a insonorización do inmoble e a casa Raquel F. Soler non os cumpre.

En definitiva, queremos SABER si o Sr. Isaac, sen contar cun acordo da xunta de goberno, sen dar explicacións ao Pleno, en todo caso unicamente ca complicidade da concelleira de cultura, ten disposto do patrimonio municipal para beneficiar a unha asociación que ninguén coñece nin sabe das intencións da mesma e ca desculpa de promocionar a cultura, TEN MONTADO UN “CHIRINGUITO DE AMIGUETES.

Sería de agradecer que este equipo de goberno se preocupara polos profesionais do pobo ou polo menos que puideran competir en igualdade de condicións, que se lles ofertara a opción de dar clases ou se lles ofrecera a oportunidade de integrarse nesa asociación.



No hay comentarios: