domingo, 12 de julio de 2009

PARTIDO POPULAR, O PARTIDO DA JET- SET


Vivimos nunha vila na que nos coñecemos todos/as, a uns vailles mellor e a outros non tanto.
As cousas que pasan na vila todos somos sabedores delas, mais ou menos, según nos interesen, ou según queiran algúns que nos enteremos. Isto ven a conto por unha serie de cousas que levan acontecido na Pobra e estamos vendo que o goberno local trata de ocultar, ou non informar adecuadamente ós veciños e veciñas desta vila.
Consideramos que o grupo de goberno do PP ten a obriga de informar e así todos saberemos quén está apostando polo desenvolvemento da Pobra:
a) Plan “E” Goberno Zapatero. saneamentos, pavimentación de rúas, emprego para desempregados do noso concello, etc…
b) Arranxo do Camiño Real, costas do estado, Goberno de España, (veciños ignorados polo goberno do PP da Pobra) compromiso adquirido polos socialistas da Pobra, e apoiado polo noso compañeiro e Deputado en Madrid Ceferino Díaz, (unha persoa de palabra dos que moitos deberían de aprender)
c) Autovía da Barbanza, Goberno da Xunta con Touriño ó fronte. (seguro que notamos unha mellora moi importante nos nosos desprazamentos)
d) Diferentes subvencións para arranxo e mellora das instalacións municipais, que foron unha suma de cartos moi importante e por mala xestión e incompetencia nin se notaron ata que chegaron os turistas.
e) Local de ensaio, centro de dia, cine Elma, etc….todo isto conséguese con Touriño na Xunta e máis pola Deputación da Coruña.

Os veciños da Pobra deben saber que todo isto foi posible grazas ó PSdeG-PSOE da Pobra, tanto en Galicia como en Madrid e non pola boa xestión do PP da Pobra, nin as amizades que di ter o señor Isaac.
Isto é grazas a que o PSOE goberna para todos/as os/as cidadáns deste pais! sen atender a que sexan do seu color político ou de outro. Moi ó contrario do que nos ten acostumados o PP, sempre con favoritismos de cara ós que máis teñen e ós seus amigoss; ó recordar que Isaac paseábase cun constructor da man promocionando a este señor como un promotor dos máis solventes de Galicia, que ó final saíu ra.
Pideu cartos ó Goberno da Xunta para unha empresa ubicada no polígono, ¿a cambio de qué? Aínda é hoxe o día que os veciños están aguantando os cheiros e os verquidos dalgunha empresa e aínda non sabemos de cal se trata ¡¡¡porque Isaac Maceiras prefire ter amigos empresarios que solucionarlle os problemas ós veciños.!!!
Os socialistas da Pobra sabemos que na nosa vila hai empresarios exemplares, que coidan ós seus traballadores e os tratan como persoas, pero tamén sabemos que por desgraza temos empresas, (as menos), que fan o que queren e sóbralles tempo xa que gozan do beneplácito do noso alcalde..... ¿A cambio de que?
Por outra banda, estamos os que somos maioría, que non temos grandes empresas, que non pedimos máis que o que pensamos que nos corresponde como cidadáns. ¡¡¡Melloras para o noso pobo!!!! e cando dicimos o noso pobo tamén nos referimos ás aldeas que xunto co casco urbano forman a Pobra do Caramiñal. Alguén dicía: que ata o rabo todo e touro, e nós dicimos que dende o Campiño ata o Conchido todo é A Pobra
Dicir tamén que na Pobra viven turistas todo o ano, turistas que traballan, viven e pagan as súas taxas na Pobra e todos queremos ver as nosas cunetas limpas, as nosas estradas asfaltadas, poder facer as nosas casas en lugares onde parece que só teñen dereito a facelas catro amigos do señor Isaac.
A pesares desta discriminación cara o cidadán de a pé, aínda hai algún que perde a súa dignidade con tal de botarlle a man polo lombo a Isaac, aínda que o único que faga e de “chico dos recados” e de estes hai bastantes, aínda que custe crelo (pelotilleros sempre houbo e por desgracia sempre os haberá goberne quen goberne).
Os veciños da Pobra teñen que saber que as ideas do PP en canto á sociedade, pásalle como algunha institución rancia que pensa, que unha parella de feito son eses que viven en pecado, que un homosexual é unha persoa enferma da cabeza, e que unha persoa que aborta dentro da lei neste pais é un asasino.

No hay comentarios: