viernes, 24 de julio de 2009

¡¡SEGUEN VERTENDO!!!¡ ¿ONDE ESTÁ O GOBERNO DE ISAAC?

O PSOE da Pobra volveu denunciar a existencia de vertidos industriais no polígono da Tomada.

Despois de que o deputado parlamentario, Xosé Manuel Lage, propuxera ó parlamento a implantación dun plan de control e erradicación de vertidos no concello da Pobra, o alcalde informou de que, xa dende o mes de xuño, estaba en marcha un protocolo de vixilancia ambiental.

Sen embargo, para os socialistas este protocolo non é máis que papel mollado, posto que nos últimos meses seguiron a detectarse os vertidos. Este xoves, a voceira socialista alertaba da presenza dun novo vertido procedente da tubaxe que atravesa a estrada AC-302 e verto no Río Morto.

Tan só neste último mes, foron tres as denuncias presentadas, con data 9 de xullo, 14 de xullo e a 23 de xullo. Nas tres ocasións personáronse alí axentes da Policía Local dando conta da presenza de vertidos presuntamente de orixe industrial.

Teresa García insiste en que o protocolo ambiental que di estar aplicando o goberno non da resultados porque é o propio goberno quen incumpre a lexislación e permite ós contaminadores proseguir con estas prácticas. Unha prácticas que, din, están a provocar importantes danos tanto ó medio ambiente como a outors sectores produtivos.

Por todos estes motivos, instan ó goberno a aplicar a normativa sancionadora con toda a súa forza e erradicarm dunha vez por todas, os vertidos.

Redacción Barbanza TVSB

1 comentario:

O Rabizas dijo...

O goberno dese non esta en ninguna parte. E un goberno ectoplasmico, un fantasma.
O que si está e a merdiña que foi deixando por todas partes, empezando polo concello que esta de lixo hasta arriba.