Os socialistas da Pobra e os veciños estamos ATÓNITOS, ABRAIADOS, ESTUPEFACTOS, DESOLADOS E ¡¡INDIGNADOS!! xa que iamos apoiar no Pleno extraordinario previsto para o mércores día 22 de xullo, o Plan de Saneamento económico no marco do Real Decreto lei 5/2009 como xa se fixo nos concellos de Rianxo e Boiro.
Estamos totalmente desconcertados coa decisión adoptada polo goberno municipal, que tiña previsto levar a cabo un PLAN DE FINANCIACIÓN que posibilitaría o pago das facturas pendentes a empresas e autónomos, de SUSPENDELO sen mais explicacións.
A nosa portavoz e Secretaria Xeral acusa ó Sr Isaac e ó PP de ESCONDER A REALIDADE, unha realidade que se traduce, segundo fontes moi ben informadas en ¡¡TRES MILLÓNS DE EUROS!!.... Unha cifra tremendamente perigosa que sitúa ao Concello ó borde do abismo económico, da creba e da ruína. ¿Ten sentido – pregunta Teresa García – ter o Pleno convocado e na véspera darse de conta da súa inviabilidade si non subían os impostos?
Maceiras , algo estás OCULTANDO ó pobo.
Vamos ver senón: convoca un pleno extraordinario para facer un prantexamento de saneamento das arcas municipais que incluía o financiamento de 1.000.000.-€, é dicir 166 millóns das antigas pesetas, e uns días antes da súa celebración desconvócao, e isto “parece ser”, baseado no seguinte:
Que si pide o crédito para pagar a quen lle debe, terá que prescindir de facer inversións.
Que non quere subir os impostos, única solución viable, di el, para poder facer fronte ao crédito.
Que vai a reducir en gastos de persoal.
Que xa dentro de dous meses o arranxa.
Vamos a traducir as manifestacións feitas por este Alcalde dunha forma seria e rigorosa, para que se entenda:
1) Si pide o crédito e se lle paga a todo o mundo non pode inverter, é probable, pero entón hai que aclararlle a todos os veciños que quen esta facendo as inversións e as obras neste pobo non é o Concello senón que son todos aqueles veciños e veciñas aos que non lles pagan as súas facturas e se lles adeudan 166 millóns de pesetas. (versión oficial cara a opinión pública). A realidade, o concello debe 498 millóns de pesetas a acredores.
2) Dinnos que non queren subir os impostos pero dentro duns meses sube a contribución, polo que debe interpretar o Sr. Isaac que a contribución non e un imposto.
3) En canto aos gastos de persoal ... ¡¡que vai reducir!! Hai que traducilo en postos de traballo e tendo en conta que o custe medio dun traballador é de uns 18.000.-€ aproximadamente ¿vai reducir uns 55 postos de traballo?. Que nos aclare en que servicios vai facer o recorte.
4) Dicir, que dentro de dous meses arranxa o problema é tomarnos a todos por parvos, a no ser que lle vaia tocar a lotería, e terá que explicar de forma seria que variables van cambiar de aquí a dous meses para atreverse a dicir isto. Si non se poden pagar 1.000.000.-€ en seis anos ten que explicarnos como vai pagar 300.000.-€ ou 400.000 en ¡¡UN ANO!!, segundo as manifestacións feitas aos medios.
A VERDADE E A REALIDADE do Sr. Isaac é que non ten capacidade para pagar un crédito a curto prazo. O que pretenden é ¡¡¡HIPOTECARNOS polo menos a 20 anos!!!,
O equipo de goberno é incapaz de asegurar ingresos suficientes para poder facerlle fronte a un crédito durante 6 anos. A consecuencia é que os acredores do Concello da Pobra, lamentablemente non van a poder cobrar polos servicios prestados, pese a que o Presidente do Goberno de España JOSÉ LUIS RODRIGUEZ ZAPATERO puxo en marcha un Plan para combater a mala situación económica dos 10 anos de goberno de despilfarro do Sr. Isaac.
Según as informacións obtidas por este grupo político, o Concello da Pobra ten unha débeda de facturas sen contabilizar, (no queixón) por valor de 3 MILLÓNS de euros. ¡¡ESTAMOS NA RUÍNA!!
Para verifica-lo solicitamos ó Sr. Alcalde, o día 31 de outubro do
Igualmente lle solicitamos o martes, día 21, copia do INFORME DE INTERVENCIÓN sobre o endebedamento no marco do Real Decreto-lei 5/2009 e feito con ocasión da convocatoria do pleno que se tiña previsto celebrar.
Queremos ver, Sr. Isaac, ese informe de intervención negativo, o seu razoamento, e as medidas propostas para o saneamento económico.
É mentira o que dixeron nos medios de comunicación o Sr. Isaac e o Sr. Lago, que para acollernos o crédito tiñan que subir os impostos, ¡¡XA OS TEÑEN SUBIDOS O MÁXIMO!!, a auga, a recolleita de lixo e os sumidoiros, por estar privatizados, son máis caros que, por exemplo en Boiro. Estamos desfacendo as mentiras deste sibilino encantador de serpes que vende fume e minte máis que fala.
NON É CERTO que para acollerse ó Real Decreto-lei sexa necesario subir impostos xa que na Pobra non se poden incrementar máis. Xa se preocupou o equipo de goberno do PP de mante-los ó máximo para podelos despois despilfarrar.
Sr Maceiras: si solicitan un crédito por valor de 300.000 euros, ¿Que plan de saneamento farán? ¿Que acredores van a ter a sorte de poder cobrar? ¿Que criterio van utilizar para pagarlles?
Déixense de FACER PROPAGANDA e eliminen os gastos superfluos, (que son moitos), e non nos leven dereitos a ruína.
Ante estes feitos os socialistas da Pobra temos que recalcar que o Goberno de España, goberno socialista, mediante o PLAN DE AXUDAS A ADMINISTRACION LOCAL E AS PEMES, mais coñecido como o PLAN DE ZAPATERO esta pensado precisamente para que se lle paguen as facturas a todas aquelas persoas que traballan, porque quen traballa ten que cobrar, e a súa vez permite plantexar un plan de saneamento das arcas municipais e sentar as bases dun adecuado financiamento, tanto a curto como a medio prazo e por isto estabamos dispostos a apoiar no Pleno extraordinario previsto para o mércores día 22 de xullo, o Plan de Saneamento Económico no marco do Real Decreto Lei 5/2009 como xa se fixo nos concellos de Rianxo e Boiro
O PSdeG pídelle ó Sr. Isaac que explique publicamente o motivo oculto polo que suspendeu o Pleno. Esiximos que se pague ós acredores e se faga un plan de saneamento económico do Concello.
MENOS OSCURANTISMO E OCULTISMO, fagan fronte a realidade económica e non permitan que as empresas vaian a quebra pola súa neglixencia.
Xa coñecemos a pedra filosofal do Sr. Isaac: INVERTER SEN PAGAR.
O dito...."LO QUE LA VERDAD ESCONDE" ou "GRANUJAS DE MEDIO PELO", pero neste caso..o Harrison Ford ou o Woody Allen chámase Isaac Maceiras e resulta que.....¡¡NON É FICCIÓN AÍNDA QUE SEXA DE PELÍCULA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario