Os
socialistas da Pobra queremos deixar moi claro que estamos a favor de que os
veciños dispoñan de maiores servizos públicos e cas mellores prestacións.
Fai uns
días os alcaldes de Arousa Norte propuxéronlle a empresa Arriva que ampliara as
liñas de autobús para ir ao aeroporto de Santiago e a estación do tren. Tamén
falaron doutra liña de autobús de Boiro ao Hospital do Barbanza. Todo elo sen
contar co colectivo dos taxistas dos concellos de Riveira, Pobra, Boiro e
Rianxo.
Portavoces
deste colectivo expuxeron a súa problemática a candidata socialista. Son máis
de 50 familias que teñen como medio de vida o servizo de taxi e temen perder o
seu sustento, máis aínda nestes momentos de dificultade económica.
Desde o
partido socialista propoñemos:
1º.- Que
sempre se teñan en conta aos colectivos profesionais ca finalidade de que as
decisións non afecten gravemente ás súas vidas. Gobernar é tomar decisións pero
contar cos colectivos é imprescindible porque non se pode primar a uns en
detrimento do resto da cidadanía.
2º.- Que os
alcaldes de Arousa Norte fagan un convenio cos profesionais do taxi de tal
maneira que o servizo ao aeroporto, a estación de tren e ao Hospital do
Barbanza se preste a poboación en condicións semellantes ás que prestarían as
empresas de autobuses.
Na
conversación mantida cos portavoces do colectivo quedou patente que están
dispostos a negociar e a prestar o servizo pero manifestaron o seu malestar por
decisións políticas que son vitais para a súa supervivencia, se senten
fortemente afectados por esta medida e nunca contaron con eles. Están dispostos
a arrimar o ombro para dar unha saída que agrade a toda a cidadanía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario