Mª Teresa García Guillán,
concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao
abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión
plenaria,
presenta ó Pleno unha moción relativa á
tramitación de procedementos sancionadores de tráfico empregando un equipo de
captación de imaxes e un cinemómetro operados por unha empresa privada
contratada para o efecto.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
I.- Aparentemente, o Alcalde-Presidente da Pobra
do Caramiñal, sen existir informe técnico algún que avale a necesidade e/ou
oportunidade da medida, contactou verbalmente cunha empresa con domicilio
social en CANTABRIA, a mercantil VIALINE GESTIÓN, S.L., a fin de encomendarlle
a vixilancia con medios de captación de imaxe móviles das rúas do Concello da
Pobra do Caramiñal, así como o control da velocidade dos vehículos por medio
dun cinemómetro.
E dise aparentemente,
porque tras solicitar a vista do expediente administrativo tramitado para a
determinación da necesidade e oportunidade do contrato, así como as súas
características, verificouse que non existe nin unha definición nin das tarefas
a realizar, nin do prazo da súa realización, nin do custe das mesmas... nin a
formalización dun contrato escrito.
Cómpre salientar que non se trata dun provedor de
material de oficina consumible (folios, tinta, etc.), senón dun servizo
profesional que NUNCA FOI PRESTADO NA POBRA DO CARAMIÑAL, polo que non existe
experiencia previa na realización de contratos administrativos con este
obxecto. Noutro orde de cousas, a empresa contratada ten domicilio en
Torrelavega (Cantabria), a máis de 600 km. da nosa Vila.
II.- O feito de que se trate dun contrato menor,
no que a adxudicación se realiza de maneira directa e o expediente se completa
segundo o TRLCSP coa aprobación do gasto e a simple incorporación da factura,
non aclara os puntos máis básicos, pois deberan existir traballos
preparatorios, que non constan, así como informes previos do Xefe da Policía
Local indicando os lugares de especial perigrosiade para o tráfico rodado nos
que se encomenda a realización das labores de vixilancia.
Xúntase documento oficial da DGT, acreditativo de
que (con datos a setembro de 2014) o último accidente grave na Pobra foi en
2009, co falecemento dun veciño (DEP).
III.- A maior abundamento, non se realizou unha
campaña de concienciación ou divulgativa para a veciñanza, nin se deu
"bombo e platillo" ao radar como se fai con outras actuacións do Sr.
Maceiras; por citar un exemplo, a inauguración do Auditorio O'Lagar, realizada
de forma ilegal a criterio da Xunta Electoral de Zona, pero desenvolvida con
publicidade tanto institucional como comercial en prensa escrita.
Se a contratación da empresa foi estritamente
legal, ¿por que se lle ocultou á cidadanía? ¿Por que non se deu coñecemento no
Pleno?
IV.- O motivo non pode ser outro que o meramente
recadatorio; mesmo se di nas rúas que a empresa cobra "a quiñón",
unha porcentaxe do recadado, de aí que se omitise calquera sinalización ou
advertencia a fin de garantir os termos económicos do negocio.
A denuncias formuladas (diversas fontes municipais
din que son 300, se ben o Alcalde di que son "duascentas e pico"),
tendo en conta que o límite dos contratos menores é de 18.000 euros (art. 138.3
TRLCSP), enténdese que serán as imprescindibles para que a empresa acade a
citada suma, descontada a parte da multa que quedaría para o Concello.
De ser así, obviamente non sería necesaria a
previa consignación orzamentaria (lembremos a existencia dun teito de gasto e o
"corralito" imposto polo Plan de Pago a Provedores ao que se acolleu
o Concello pola súa nefasta situación económico-financeira), polo que non se
aprobaría o gasto até que o Concello recadase o importe necesario.
Se esta situación é certa, estaríamos a falar
probablemente da existencia dunha reserva de dispensación, por canto non se
formularían as denuncias polos feitos captados polo dispositivo técnico unha
vez acadado o importe contratado, cousa que o "radar" e o operador do
mesmo non poden saber no momento de captación das supostas infraccións.
V.- Non existe constancia de que no momento de
captación das imaxes estivese presente un axente da policía local, a fin de
outorgar ás imaxes captadas a presunción da veracidade de que gozan os feitos
denunciados por un axente, polo que a mera impugnación en vía administrativa da
sanción, ao non poder adverar o instrutor do procedemento a realidade da
suposta infracción, suporía a obligatoriedade do arquivo do procedemento, por
non poder desvirtuar a presunción de inocencia a denuncia formulada por un
particular (o operador do radar, empregado de VIALINE GESTIÓN, S.L.).
Non consta tampouco a sinatura dun contrato de
confidencialidade para a cesión dos datos de carácter persoal dos condutores
denunciados á mercantil xestora do servizo, se ben se puido comprobar que
VIALINE GESTIÓN, S.L. ten debidamente inscrito na Agencia Española de
Protección de Datos un ficheiro coa seguinte descrición:
Identificación y finalidad del fichero:
|
|
|
|
Nombre del fichero:
|
EXPEDIENTES ADMINISTRATIVOS
|
Descripción de la finalidad:
|
CONJUNTO DE DATOS NECESARIOS PARA LA GESTION DE EXPEDIENTES
ADMINISTRATIVOS SANCIONADORES EN MATERIA DE TRAFICO POR CUENTA Y AUXILIO DE
LA ADMON TITULAR DE LA POTESTAD SANCIONADORA
|
Tipificación de la finalidad:
|
OTRAS FINALIDADES
|
|
Tipos de datos, estructura y organización del fichero:
|
|
|
|
Datos especialmente protegidos:
|
|
Otros datos especialmente protegidos:
|
|
Datos de carácter identificativo:
|
D.N.I./N.I.F.
NOMBRE Y APELLIDOS DIRECCION IMAGEN/VOZ FIRMA ELECTRONICA MATRICULA |
Otros tipos de datos:
|
CARACTERISTICAS PERSONALES
CIRCUNSTANCIAS SOCIALES |
Sistema de tratamiento:
|
MIXTO
|
|
Origen y procedencia de los datos:
|
|
|
|
Origen:
|
EL PROPIO INTERESADO O SU REPRESENTANTE LEGAL
ADMINISTRACIONES PUBLICAS |
Colectivos:
|
CLIENTES Y USUARIOS
PERSONAS DE CONTACTO REPRESENTACION LEGAL CONDUCTORES. TITULARES DE VEHICULOS. |
|
Cesión o comunicación de datos:
|
|
|
|
Destinatarios:
|
ORGANIZACIONES O PERSONAS DIRECTAMENTE RELACIONADAS CON EL RESPONSABLE
OTROS ÓRGANOS DE LA AMINISTRACIÓN PÚBLICA FUERZAS Y CUERPOS DE SEGURIDAD ADMINISTRACIÓN PÚBLICA CON COMPETENCIA EN LA MATERIA |
É dicir, VIALINE GESTIÓN, S.L. declara ante a AGPD
que xestiona ficheiros con datos cedidos polas Administracións públicas para o
desenvolvemento das súas actividades, pero non consta que o Concello da Pobra
lle teña cedido os datos indicados seguindo o procedemento regulamentario.
En consecuencia, o contrato administrativo estaría
viciado por infracción do disposto na Disposición Adicional 26ª do TRLCSP, e a
cesión de datos suporía unha infracción do disposto no art. 12 da LOPD.
O Concello non pode ampararse nas especialidades
tocante á tramitación do procedemento de selección do contratista no caso dos
contratos menores para omitir as obrigas legalmente establecidas, nada menos
que nunha Lei orgánica para o desenvolvemento dun dereito fundamental
recoñecido na Constitución española.
O contrato de cesión de datos debe revestir forma
escrita, e debe ter sido redactado e outorgado con anterioridade ao inicio da
prestación do servizo, como documento imprescindible.
VI.- Noutro orde de cousas, non consta que se instalasen no casco urbano as
sinais obrigatorias relativas a que se trataba dunha zona video-vixilada,
consonte o disposto na "Instrucción 1/2006, de 8 de noviembre, de la
Agencia Española de Protección de Datos, sobre el tratamiento de datos
personales con fines de videovigilancia a través de sistemas de cámaras o
videocámaras" publicada no BOE n.º
296, de 12.12.2006.
Téñase en conta que,
por tratarse dunha empresa privada a captadora das imaxes, e non dun equipo de
captación e videovixilancia xestionado polos corpos e forzas de seguridade, non
está excluído do ámbito de aplicación da instrución citada consonte o disposto
no seu art. 1.2.
En consecuencia, a
captación das imaxes podería terse captado con infracción do dereito
constitucional á intimidade e á propia imaxe (art. 18 CE), polo que as probas
videográficas da suposta infracción de tráfico serían nulas por terse obtido
con vulneración do dereito irrenunciable contido no art. 5 da LOPD.
Estariamos a falar de que o tratamento das matrículas e cruce de datos cos
de titularidade dos vehículos, adoecerían de vicios con entidade suficiente
como para determinar a nulidade de todo o actuado.
VII.- Toda a escuridade
relativa ao procedemento de contratación, execución da prestación, e
tramitación dos procedementos sancionadores debe ser aclarada, pois estanse a
causar inquedanzas aos veciños da vila que non teñen a obriga de soportar, e
estase a trasladar unha imaxe da institución do Concello da Pobra do Caramiñal
absolutamente nociva, ao quebrar de forma directa o principio de confianza
lexítima que informa as relacións entre o administrado e a Administración.
A normativa de
transparencia non é unha ferramenta electoral, senón unha ferramenta para que
os cidadáns poidan exercitar o seu dereito a coñecer e a participar dos asuntos
públicos.
En consecuencia,
proponse ao Pleno do Concello da Pobra do Caramiñal a adopción dos seguintes:
ACORDOS
1.- Que se cree inmediata e urxentemente unha
comisión especial de investigación entre os voceiros dos grupos políticos con
representación municipal, a fin de dilucidar se a actuación do Concello da
Pobra do Caramiñal por medio do seu Alcalde-Presidente no relativo á
contratación directa da mercantil VIALINE GESTIÓN, S.L. para a prestación dun
servizo de video-vixilancia e medición da velocidade de vehículos cun
cinemómetro, se axusta á legalidade vixente, así como para investigar se as
labores desenvolvidas por esta mercantil na execución do servizo contratado
vulneraron as normas aplicables, en particular no relativo ao dereito constitucional
á protección da intimidade recollido no art. 18 da Constitución española, e
desenvolvido na Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos
de carácter persoal, e o seu regulamento (RD 1720/2007, de 21 de decembro).
Con carácter irrenunciable, as sesións da comisión
de investigación cuxa constitución se solicita deberán ser ABERTAS AO PÚBLICO
EN XERAL, preferentemente en horario que permita a asistencia dos veciños, e as
labores de dirección e control dos debates deberán ser realizadas por
funcionario público independente.
2.- Que se diten as correspondentes ordes de
suspensión dos procedementos sancionadores iniciados contra os condutores con
base no contrato e actividades realizadas pola mercantil VIALINE GESTIÓN, S.L.,
até que finalicen as labores de investigación da comisión, coa elevación a un
Pleno extraordinario do seu ditame para a adopción dos acordos que no seu caso
corresponda, incluída no seu caso a declaración de nulidade da contratación e a
anulación da totalidade dos procedementos sancionadores, ordenando neste último
caso a devolución das cantidades percibidas dos veciños que se acolleron ao "pronto
pago", mailos xuros correspondentes.
3.- Subsidiariamente, para o caso de que o Pleno
non estime conveniente a celebración dunha comisión especial de investigación,
e ante a presumible infracción de dereitos constitucionais pola instalación de
medios de captación de imaxe con infracción do disposto na normativa de
protección de datos de carácter persoal, así como a inexistencia dos documentos
de cesión de datos especialmente protexidos e de garantías da súa
confidencialidade, así como a presumible comisión de irregularidades
invalidantes na tramitación dos expedientes sancionadores, que se acorde que
polo órgano competente se inicie o procedemento de revisión de oficio dos
expedientes sancionadores iniciados, e previa declaración de nulidade dos medios
de proba das supostas infraccións obrantes aos mesmos, se diten as
correspondentes resolucións de arquivo dos expedientes, con devolución das
cantidades percibidas dos cidadáns que abonaron as sancións propostas con ou
sen redución, incrementadas nos xuros que correspondan.
4.- Que se adopten medidas que REALMENTE sirvan
para mellorar a seguridade das vías urbanas da Pobra do Caramiñal, en
particular mediante a esixencia á Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da
Coruña de que proceda á instalación de sinalización adicional (vertical e
horizontal), así como á instalación de pasos peonís sobreelevados que obriguen
aos condutores a diminuír a velocidade -os chamados "gardas
tumbados"-.
A Pobra do Caramiñal, 11 de marzo de 2015
No hay comentarios:
Publicar un comentario