domingo, 22 de febrero de 2015

PRESENTACIÓN CANDIDATURA

Teresa García Guillán repite como candidata á alcaldía pobrense polo PSOE co propósito de que “os veciños poidan participar e coñecer todas as decisións do Concello”

 

“Traballo, esforzo, entrega e determinación”, afirma. O compromiso de Teresa é dar resposta aos problemas dos cidadáns.


A Agrupación Socialista da Pobra, despois de gardar un minuto de silencio polos compañeiros falecidos, aprobou por unanimidade, en asamblea extraordinaria convocada ao efecto, a candidatura con que a formación política concurrirá ás próximas eleccións municipais do vindeiro 24 de maio. Foi elixida candidata a alcaldía da Pobra a portavoz do grupo municipal no concello, Teresa García Guillán.

Teresa García Guillán, Secretaria Xeral da Agrupación Socialista da Pobra do Caramiñal, repite como candidata á alcaldía pobrense co propósito de darlle voz ao pobo. “Pretendo que os veciños poidan participar e coñecer todas e cada unha das decisións que se toman”, asegura. Así, Teresa García ten como fin “escoitar a cantas persoas queiran acudir ao Concello”.

Despois de oito anos traballando arreo polos pobrenses, a socialista coñece as necesidades que teñen os veciños do municipio, polo que pide a confianza necesaria para que “outra maneira de facer política” sexa posible, fuxindo do “amiguismo que tanto vimos padecendo”, asevera.

Por iso, Teresa García segue apostando polos veciños da Pobra e agarda poder darlle a voz que os pobrenses levan tempo demandando. “Confío que a xente sexa consciente e responsable do papel que mete na urna o día das eleccións”, sostén.

“Un novo tempo espera aos pobrenses, non debemos esquecer o pasado para non repetilo”, matiza.

Vamos a contar co traballo de cada persoa que queira unirse a este proxecto. Cada idea e aportación serán ben acollidos, porque este reto é de todos os que queiran que a Pobra prospere, afirma.


No hay comentarios: