Mª Teresa García
Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo
Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.7 do R.O.F., formula ante o Pleno
Corporativo para a súa contestación a seguinte
PREGUNTA:
Con data 15 de
outubro de 2014 resólvese autorizar o inicio
da actividade dunha gasolineira para subministro de combustible a embarcacións
e vehículos dos usuarios do porto, no lugar do Porto Comercial deste termo
municipal.
Esta gasolineira
foi concibida para abastecer de combustible e dar servizo fundamentalmente ás
embarcacións do porto, sexan profesionais ou de recreo.
Nestes intres
non existe pantalán para amarre das embarcacións para botar o combustible. O
que si hai é un paredón duns cinco metros de altura sen defensas. É imposible
atracar aínda que teñan unha marca de pintura amarela, non podendo tampouco
abarloar ás embarcacións por estar esa mesma zona ocupada.
Outra cuestión que deberían subsanar é
aumentar o calado polo menos na metade do atraque para que os veleiros con orza
poidan usar esa zona.
A día de hoxe,
dita gasolineira é inoperante para as embarcacións xa que teñen que amarrar no
pantalán do club de remo e usar as garrafas. Dita gasolineira foi imposta pola
maioría gobernante sen escoitar aos veciños e agora unha vez feita non cumpre
cas condicións mínimas para poder dar o servizo para a que foi autorizada.
Por todo elo:
¿Cando teñen pensado prestar servizo ás
embarcacións?
¿Senón subsanan as deficiencias van a anular a autorización
da gasolineira, tendo en conta que a autorización é para subministro de
combustible a embarcacións?
A Pobra do
Caramiñal, 19 de novembro de 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario