viernes, 16 de enero de 2015

DEFICIENCIAS DOS CAMPOS DE FÚTBOL

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando o arranxo das deficiencias dos campos de fútbol da localidade.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O deporte é unha actividade de ocio cada vez máis demandada, representa cada vez máis, unha actividade fundamental no día a día das persoas. A súa práctica incide directamente nunha mellor calidade de vida e convértese en expresión de desenrolo e benestar dunha sociedade.
A práctica deportiva é un piar básico na nosa cultura  e garantir a súa realización dunha maneira segura é unha tarefa da Administración local que debe tomar conciencia sobre a imperativa necesidade de que as infraestruturas deben estar ben equipadas pero ocorre todo o contrario, as demandas de melloras nas nosas infraestruturas deportivas é unha constante dos usuarios das mesmas.
A mellora da seguridade, accesibilidade, a prevención de riscos e a modernización das nosas instalacións, son parámetros que deben guiar a actuación do goberno municipal que crea no deporte de base ou na práctica da actividade física como forma de ocio e mellora da saúde dos nosos veciños.
Xustamente hai dous anos solicitabamos que se realizaran diversas melloras nos campos de fútbol de Cadreche e no da Alta, pasou o tempo e os problemas seguen a ser os mesmos.
É preciso dar solucións a unha serie de carencias que deben de corrixirse.

No campo de Cadreche:
·        Insistir en que é necesario cerrar todo o perímetro con rede, para evitar a saída dos balóns, hai que recordar que o material é dos equipos e ten un custe económico ademais dos posibles accidentes que pode xerar un balonazo aos vehículos estacionados xusto detrás dunha portería, no acceso ao campo.
·        Vestiarios pequenos e insuficientes, teñen que cambiarse en quendas de sete persoas.
·        A iluminación é insuficiente para a práctica deportiva, necesítanse máis focos e redireccionalos. Hai sombras.
·        O campo carece de gradas e faise tremendamente difícil ver un partido cando chove.
·        O acceso ao campo é de terra e se non se ten coidado terminará por danar o céspede artificial. É imprescindible acondicionalo con formigón ou similar.
No campo da Alta levase invertendo grandes sumas de diñeiro para mellorar o terreo de xogo e o problema permanece no tempo. O céspede non drena e a consecuencia é que o campo é unha lameira. Os xogadores teñen medo a lesionarse e cando acaban de xogar cheiran por mor do estancamento das augas do terreo de xogo.
Os accesos ao campo están intransitables, inundados.
Comparten demandas con Cadreche pois a luz tamén é insuficiente, falta rede perimetral, as barandillas precisan arranxos,...
Outra demanda recorrente é: ¿Por qué non hai un empregado municipal nos campos cando hai actividade neles? As instalacións deportivas municipais deben estar dirixidas a lograr unha maior funcionalidade e comodidade das mesmas para os usuarios.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

  
ACORDOS:

1º.- Que as deficiencias expostas na exposición de motivos sexan corrixidas  de maneira dilixente e eficaz no menor tempo posible garantindo as mellores condicións posibles para a práctica e disfrute do deporte.
2º.- Que se faga un estudio para que mentres se usen as instalacións deportivas, os usuarios podan contar co apoio dun empregado municipal.
3º.- Que se faga un mantemento continuo e adecuado para evitar o deterioro das instalacións deportivas do Concello.


A Pobra do Caramiñal, 11 de xaneiro de 2015.

No hay comentarios: