Mª Teresa García Guillán,
concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao
abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión
plenaria, presenta ó Pleno unha moción
relativa para que se modernice, especialmente na zona rural, a rede de banda
ancha.
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
O sector das
comunicacións é un pilar básico e imprescindible para avanzar na consolidación
do tecido produtivo do país para ampliar as expectativas económicas e para
establecer novos parámetros acordes cunha sociedade igualitaria e integradora.
É indiscutible que
as telecomunicacións constitúen un dos sectores máis dinámicos da economía e un
dos que poden contribuír ao crecemento, a produtividade, ao emprego e polo
tanto o desenrolo económico e o benestar social e, tal como afirma a Comisión
Europea “O despliegue de redes ultrarrápidas pode ter un importante impacto na
creación de emprego, estimándose que a innovación podería xerar dous millóns de
empregos para o 2020, incluídos traballos en sectores relacionados, como a
provisión de contidos ou a fabricación de equipos”.
Os beneficios que
aportan as redes de nova xeración e a banda ancha para o mercado de traballo, a
economía e para unha sociedade cada vez máis tecnolóxica e baseada na
información, a innovación e o coñecemento incrementa as posibilidades de
competitividade, crecemento económico e creación de emprego.
Así pois, a
inversión en novas tecnoloxías, factor clave para saír da crise, require ó
mesmo tempo a garantía de acceso ás mesmas de toda a cidadanía así como un
marco regulamentario adecuado para o seu desenrolo.
Neste aspecto, a
Unión Europea se comprometera a través da Axencia Dixital para Europa, a
garantía de acceso da cidadanía europea á banda ancha básica antes do fin de
2013, garantía que obviamente no se consolidou fundamentalmente nas zonas
rurais.
Durante moitos anos
España, foi dos países que máis pagaban pola conexión a Rede de redes, chegando
a ser o país máis caro de Europa. O acceso a internet de banda ancha é caro e
de malísima calidade na zona rural do noso concello, o que ralentiza o
desenrolo da sociedade da información. O acceso a internet debería ser
considerado como un servizo universal, o que obrigaría a Administración a
garantir a súa dispoñibilidade a calquera cidadán, viva onde viva.
As redes seguen
pertencendo na súa gran maioría a todopoderosa Telefónica, que as herdou do
antigo ente estatal, o cal sendo xa unha empresa privada e servíndose dos
recursos que antes eran públicos, marcaron nos últimos anos o ritmo do acceso a
internet.
O control da tradicional rede de cobre, a R.T.C. (Rede Telefónica Conmutada), que era
propiedade da Compañía
Telefónica Nacional de España, foi outorgada a Telefónica tras a súa
liberalización. A rede que era de todos, continúa hoxe en día sendo alugada
por Telefónica, xa como empresa privada, ao resto de operadores.
A
operadora propietaria da rede tradicional non parece que se esforzou demasiado
por mellorar a súa rede nos últimos anos. De feito, boa parte dos usuarios do
entorno rural vense obrigados a optar por novas tecnoloxías para conectarse a
internet.
Os
veciños e usuarios deste concello que teñen as vivendas situadas a unha
distancia igual ou superior aos 2 km da centraliña teñen verdadeiros problemas
para ter unha conexión digna a internet, porque a maior distancia da
centraliña, menos velocidade e estabilidade na conexión. E o que ven sendo máis
grave, a estas persoas cóbranlle o recibo como si o servizo que lle presta a
compañía fora de calidade e ultrarrápido.
Acabar
ca fractura dixital non constitúe unicamente un dereito de sectores sociais ou
da cidadanía en xeral, senón que se relaciona directamente ca economía das
zonas rurais, que é en si mesmo, fonte de riqueza e emprego.
Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes
ACORDOS:
1º.-
Instar ao Goberno de España a garantir con carácter urxente e en colaboración
cas Administracións públicas implicadas, o acceso a banda ancha.
2º.- O
Concello de A Pobra do Caramiñal fará as xestións necesarias, de maneira
apremiante e inaprazable, para que no noso concello se modernice a rede
pública, que un día foi de todos, e chegue o ADSL a todas partes no noso
municipio con velocidade e estabilidade na conexión, posto que é una condición
indispensable para poder competir nun mundo globalizado.
A Pobra do Caramiñal, 27 de
xuño de 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario