Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal,
integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o
seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando melloras para
conservar a calidade asistencial na Atención Primaria.
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
A Atención Primaria deixou de ser una prioridade
para o Sistema Nacional de Saúde, con graves consecuencias asistenciais e
socioeconómicas. A situación está sendo agravada pola crise económica e as restricións
orzamentarias. Pasamos de ter un sistema sanitario envexado polos países máis
desenrolados economicamente, baseado no fortalecemento da Atención Primaria e
no concepto de servizo público básico e esencial dos dereitos dos cidadáns, ata
convertelo nun sistema que, coa escusa da situación económica do noso país,
quérese desmantelar. A crise da sanidade é consecuencia dunha crise
institucional e económica e non ao revés.
A sanidade española está inmersa nun duro proceso
de recortes e privatizacións impulsados polos gobernos neoliberais a nivel
central e nas CCAA. Convén facer algunhas reflexións sobre cales son os
intereses e quen sae ganando ca privatización e quen vai perder neste proceso.
Os que gañan son as grandes aseguradoras, a
industria farmacéutica e de tecnoloxía sanitaria que teñen a oportunidade de
ampliar o seu negocio.
Os que perden son os cidadáns en xeral que
sufrimos os recortes nos dereitos sanitarios, que debemos pagar máis por unha
asistencia sanitaria que antes se financiaba con impostos e que agora teremos
que contratar seguros privados para complementar a menor oferta de servizos da
atención sanitaria pública. Perden as persoas con menos recursos,
desempregados, parados, os pensionistas que verán dificultado o acceso as
prestacións sanitarias por carecer de cartos para afrontar os múltiples
copagos. Perden as persoas maiores, os enfermos crónicos, os discapacitados que
necesitan máis atención sanitaria e maiores recursos terapéuticos e
rehabilitadores. Perden os profesionais e traballadores da Sanidade que
perderon salarios, dereitos laborais, estabilidade no emprego e postos de
traballo. Perde tamén a economía española que cos recortes nos servizos
sanitarios e socio-sanitarios reduce os postos de traballo que estimularían a
economía e reducirían a elevada taxa de desemprego.
Hai que lembrar que os sistemas públicos
universais e accesibles son necesarios para manter a forza do traballo que se
asocia a mellores niveis de desenrolo económico e social.
A realidade é que recortan, recortan e seguen
recortando hasta tal punto que a maioría dos médicos de Atención Primaria están
soportando cargas de traballo excesivas, que en moitos casos se ven
incrementadas pola falta de contratación de substitutos para cubrir as
ausencias por vacacións dos seus compañeiros. As patoloxías non se van de
vacacións, pero os médicos sí.
A nivel asistencial a Atención primaria sufre as
peores consecuencias durante o período estival porque normalmente non se
substitúe aos facultativos, polo que os médicos vense obrigados a dobrar quendas
para cubrir aos compañeiros ou cérranse consultas, como ocorre no centro de
saúde da Pobra que cando o Pediatra está de vacacións ou está de baixa por
Incapacidade Temporal, non se cubre a súa praza tendo que desprazarse os
usuarios aos concellos limítrofes.
Os cadros de persoal son insuficientes porque ca
crise recortáronse aínda máis, non se cobren as xubilacións ou defuncións, e
cando se cobren faise con contratos precarios e a tempo parcial. Remarcar que,
según o boletín estatístico do Ministerio de Facenda, desde o ano 2012
perdéronse 28.496 prazas no Sistema Nacional de Saúde. Non se pode comprender
que entre xuño de 2013 e xaneiro de 2014 as plantillas creceron en 3.403
empregados públicos e de forma discriminatoria nas Institucións Sanitarias do
Sistema Nacional de Saúde perdéronse 5.953 postos.
Sen embargo, e por desgraza o que se está
producindo é unha diminución progresiva do orzamento dedicado a Atención
Primaria, que pasou do 15,63% en 2007 ao 14,82% en 2012, totalmente
insuficiente e moi lonxe do 25% de orzamento sanitario considerado como
imprescindible para o bo funcionamento do sistema polas autoridades sanitarias
internacionais.
Por todo iso, este grupo que
represento solicita a adopción dos seguintes
ACORDOS:
1º.- Instar a Consellería de Sanidade a dotar dun
financiamento suficiente e adecuado a Atención Primaria (AP) para conservar a
calidade asistencial xa que o exercicio da profesión médica nestas condicións
tan adversas podería causar un incremento de erros médicos involuntarios.
2º.- Ofrecer unha maior capacidade de xestión aos
profesionais de AP para conseguir a equidade e a eficiencia na xestión porque
quen mellor coñece a forma de mellorar o sistema, de facelo costo-eficiente,
son precisamente os médicos e profesionais.
A Pobra do Caramiñal, 18 de xullo de 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario