María Teresa García Guillán, en calidade de
concelleira do PSdeG-PSOE e en
representación do mesmo, EXPOÑO:
Según o Informe da comisión para a Reforma das
Administracións Públicas (CORA) e a resultas das conclusións das Xornadas de
Traballo de Informática Provincial da Seguridade Social organizadas polo
Ministerio de Emprego e Seguridade Social, celebradas en Pozuelo de Alarcón
(Madrid) durante os días 26 e 27 de novembro de 2013, previse una redución
estimada dun terzo dos Centros de Atención e Información do Instituto Nacional
da Seguridade Social (CAIIS) durante a primavera de 2014.
A Comunidade Autónoma de Galicia conta nestes
momentos con 36 CAIIS dos cales 6 son urbanos y 30 prestan servizos comarcais,
cada un deles a varios concellos. Según as previsións de supresión, en Galicia
se suprimirían 12 CAIIS, quedando reducida a prestación dos servizos de estes
centros a 24 CAIIS.
Este grupo político ao que represento ten
verdadeira preocupación polo posible desmantelamento do CAIIS no noso municipio
que atende as persoas e empresas dos municipios de Ribeira, Boiro, Rianxo e
Pobra. Xuntamente con este escrito veño de presentar unha moción para o vindeiro
Pleno ordinario que se celebrará o 27 de marzo próximo, xa en primavera, cando
se estima que se reducirán os CAIIS.
En definitiva, debido á vital importancia do tema
a debater, antes de que sexa demasiado tarde, SOLICITO, que convoque un Pleno
Extraordinario para que o equipo de goberno conte co respaldo da Corporación en
todas as xestións que faga para evitar o posible peche do CAIIS.
É o único servizo de ámbito comarcal que
prestamos, que trae xente ao pobo. Recordemos o triste dato: desde o ano
2001, sendo sempre o Alcalde Isaac Maceiras, o Concello
da Pobra do Caramiñal ven perdendo poboación, evitemos todos xuntos continuar a
liña emprendida.
Polo exposto, solicitamos respostas as seguintes
preguntas:
1. ¿Cales son os criterios
que utilizará o Goberno de España para a supresión dos CAIIS?
2. ¿Van a suprimir o CAIIS
da Pobra do Caramiñal?
En caso afirmativo:
3. ¿Van a paliar desde o Goberno
de España a desaparición do CAIIS de maneira que os/as usuarios/as no se vexan prexudicados/as pola
eliminación do servizo?
4. ¿Teñen en conta para a
supresión do CAIIS criterios relacionados co acceso a transporte público da poboación
afectada?
5. ¿Teñen en conta para a
supresión do CAIIS criterios relacionados ca situación socio-económica das
zonas e a poboación afectada?
6. ¿Cales son as
razóns que xustifican o pretendido peche?
A Pobra do Caramiñal, 31 de
xaneiro de 2014.
No hay comentarios:
Publicar un comentario