miércoles, 5 de febrero de 2014

SUPRIMIRÁN 12 CAIIS EN GALICIA, ¿TOCARALLE A POBRA?

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa a evitar o desmantelamento do Centro de Atención e Información da Seguridade Social que presta servizo comarcal.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS


Según o Informe da comisión para a Reforma das Administracións Públicas (CORA) e a resultas das conclusións das Xornadas de Traballo de Informática Provincial da Seguridade Social organizadas polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, celebradas en Pozuelo de Alarcón (Madrid) durante os días 26 e 27 de novembro de 2013, prevese una redución estimada dun terzo dos Centros de Atención e Información do Instituto Nacional da Seguridade Social (CAIIS) durante a primavera de 2014.

A Comunidade Autónoma de Galicia conta nestes momentos con 36 CAIIS dos cales 6 son urbanos y 30 prestan servizos comarcais, cada un deles a varios concellos. Según as previsións de supresión, en Galicia se suprimirían 12 CAIIS, quedando reducida a prestación dos servizos de estes centros a 24 CAIIS.

A Pobra, no Centro de Atención e Información da Seguridade Social, CAISS, atende as persoas e empresas dos municipios de Ribeira, Boiro, Rianxo e Pobra que suman unha poboación de 68.369 habitantes. A súa ubicación neste Concello non foi aleatoria, nin  elixida ó azar, temos unha situación xeográfica privilexiada e envexable. Estamos equidistantes de Ribeira e Boiro e máis próximos para afrontar os veciños de Rianxo os desprazamentos.

De confirmarse esta medida que iría en contra dos intereses da cidadanía e provocaría un gran trastorno a empresarios, traballadores e pensionistas, que terían que desprazarse a Santiago de Compostela, onde hai soamente 1 CAISS. A poboación de Santiago é de 95.671 habitantes, atende ademais a Concellos limítrofes como Ames con 29.331 hab., e Teo con 18.454, polo que baixaría notablemente a eficacia e eficiencia do servizo.

Preocúpanos cómo se vai paliar este prexuízo que provocaría o peche do CAIIS para a cidadanía e solicitamos que se teñan en conta criterios tan relevantes para Galicia como a dispersión xeográfica, a dificultade de acceso aos recursos informáticos, a falta de transporte público de calidade e o envellecemento poboacional e o empobrecemento que sufre a comunidade.

Esta medida supón tamén unha privatización de servizos e máis recortes discriminados e discriminatorios do PP, porque todas as competencias dos CAIIS, que xestionan contratos, convenios, pensións e prestacións, se pechan 1/3 destes centros, se pretenden trasladar ao uso da consulta por teléfono e do ordenador sen ter en conta as dificultades que ten a maioría da poboación galega, moi envellecida, para empregar os sistemas de atención telemática.

O PP está degradando os servizos públicos, toman a crise como escusa para dar cabida ao seu afán privatizador, trátase dun servizo rendible, polo tanto alguén o vai dar. Todos estes servizos, co debilitamento do público, caerán en mans privadas, que se van lucrar co que é un dereito da cidadanía. Descoñecemos os criterios que se están a empregar para estes recortes.

Temos que recordar o Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as Directrices de Ordenación do Territorio deixou fóra da clasificación como cabeceira ou subcabeceira de comarca ao concello da Pobra do Caramiñal.

A normativa aprobada polo goberno galego esqueceu á Pobra do Caramiñal como concello e déixao relegado e nunha posición absolutamente secundaria alonxada da súa relevancia no plano territorial e económico.

A Pobra do Caramiñal  veuse completamente esquecida, pois A Pobra está no grupo de vilas consideradas como núcleo principal dos restantes concellos e parroquias rurais nos  que unicamente se concentrarán as dotacións básicas de tipo administrativo, docente, sanitario, cultural  de carácter local.

Polo tanto, é fundamental que se manteñan estas oficinas no noso Concello, é a única Administración que nos queda, e que se desmantela xamais volveríamos a prestar servizo en base a Normativa vixente. É prioritario un acordo  unánime de todo o Pleno da Corporación, ademais de contar co apoio de todas as forzas sociais e económicas do Barbanza co fin de reforzar a permanencia do CAISS na Pobra.
Non queremos que se nos acuse de alarmar á cidadanía, xa contamos con outro antecedente de desmantelamento dunha Administración estatal no Barbanza, a Delegación da Axencia Tributaria de Ribeira. Esta Delegación quedou unicamente como punto de información e asistencia, tendo que desprazarnos os veciños do Barbanza a Santiago, ou contratar os servizos dunha xestoría, para facer determinados trámites. Como exemplo que sirva as declaracións informativas que este mes de xaneiro a Axencia Tributaria obrigou aos usuarios a facer electrónicamente a través de internet. En Santiago habilitouse persoal para axudar aos contribuíntes a cumplimentar determinados formularios, se non se houbera desmantelado a Delegación de Ribeira, poderían os contribuíntes forrar tempo, cartos e desprazamentos.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

ACORDOS:


1º.- Solicitar o apoio de todas as forzas sociais e económicas dos municipios afectados co fin de reforzar a permanencia do CAISS na Pobra do Caramiñal.

2º.- Que os Grupos Municipais desta Corporación expresen o súa confirmación  a permanencia do Centro de Atención e Información da Seguridade Social ubicado na rúa Castelao, 25 deste Concello.

Aprobada esta moción darase traslado da mesma ós grupos políticos presentes no Congreso dos Deputados.

A Pobra do Caramiñal, 31 de xaneiro de 2014.

No hay comentarios: