Mª Teresa García
Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo
Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na
vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando a limpeza dos camiños.
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS
A limpeza viaria comprende todas as tarefas que se realizan os 365 días
do ano aínda que neste Concello, no rural, se acometen unha vez ao ano, a
finais da primavera ou comezo do verán.
Moitos son os veciños que acudiron as dependencias municipais solicitando
que se limpen os camiños que frecuentan, onde se sitúan as súas vivendas, que
están cheos de malas herbas, silvas e demais vexetación. Incluso as malas
herbas invaden as beirarrúas de recente construción.
As persoas que solicitan a limpeza e non teñen éxito cas súas demandas,
séntense discriminadas porque na maioría dos casos o tractor que o concello
contratou para ese cometido chegou a carón das súas vivendas sen realizar a
tarefas de limpeza, polo que se
consideran veciños de terceira categoría para que se lle presten os servizos
municipais, pero non para pagar impostos como o IBI que o pagaron en tempo e
forma.
Cando se contratou o tractor para limpar as gabias e camiños, recordamos
nos medios de comunicación ao alcalde dicir que todos íamos a quedar contentos,
o que aconteceu foi que moitas persoas
sentíronse esquecidas e ninguneadas. Unha das prioridades do equipo de goberno é velar pola
efectividade da labor encomendada.
É obriga do Concello a limpeza das vías públicas como consecuencia do uso
común dos cidadáns.
Poñemos exemplos: o “Camiño do
Cagulo”, levan dous anos sen cortar as
silvas, tendo que cortalas os usuarios do mesmo. Na Ponte Barbanza ou na
Ribeiriña limpáronse zonas puntuais. Na Mirandela: crecen as herbas nas
beirarrúas, e noutros tramos non se
limparon as silveiras e gabias.
Por todo iso,
este grupo que represento solicita a adopción do seguinte
ACORDO:
-
Que o goberno municipal adopte as medidas necesarias, para garantir que o
servizo de limpeza viaria chegue a todos os veciños e non se discrimine a
ningunha persoa xa que os espazos de uso público de titularidade municipal
constitúen unha responsabilidade municipal.
A Pobra do Caramiñal, 12 de
novembro de 2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario