Pobra.-
10-09-2013. Onte tivo lugar na Pobra un “colosal” acto propagandístico. O Sr. Alcalde
invitou a ministra de Fomento, conselleiro de medio Ambiente, Territorio e
Infraestructuras, Delegado do Goberno en Galicia, entre outros cargos populares
comarcais. Tratábase de poñer a primeira pedra na ampliación do polígono industrial
da Tomada. Unha ampliación que en abril deste ano o propio alcalde dicía que
tiña reservado o 40% do chan. Onte asistimos a unha reserva de terreo do 30%.
En
abril do 2013 dicía que as empresas que ampliarán as súas instalación son:
Transportes Mapir, Cartogal, Cruz del Sur, autobuses Muíños e Luis Escurís. Subliñar
que Luis Escurís xa ten ampliado e non vai a crear novos postos de traballo.
Recordar tamén que tiña unha sentencia do Tribunal Supremo de derrube da nave
por construír en chan rústico. O único propósito desta ampliación foi legalizar
as naves de Luis Escurís. Motivo polo cal debe estarlle agradecido eternamente
este empresario ao alcalde.
Dificilmente
se ocupará na totalidade esta ampliación, xa que o prezo da parcela en Rianxo,
no polígono de Té é de 70€ m2 e a maioría do chan industrial está sen ocupar.
Na Tomada custará 100€ m2. (O 42,85% máis caro). Non están as empresas para
dispendios.
Resulta
sorprendente que as institucións invertan 4.000.000€ e teñen unicamente vendido
o 30%. Éxito, ¿para quén?
Si
miramos brevemente as hemerotecas vemos como este alcalde nos dicía en abril de
2001 que o porcentaxe de ocupación chegaba ao 95,16%. Das 62 parcelas dedicadas
a uso industrial 59 xa estaban vendidas. Si estaban vendidas ¿Reverteron os
cartos? En definitiva, ¿mentía entón?, ¿minte agora? Sen dúbida: MINTE
Parece que no acto debían aparecer moitos
figurantes según o criterio que empregou o alcalde. A mesma hora que se
desenrolaba o acto na planta primeira do concello, (onde está a secretaría
xeral) non había ningún funcionario en tres despachos. Os veciños chegaban e nin
sequera había a quen preguntar que pasaba. Os funcionarios públicos deben estar
ao servizo da sociedade, non a servizo dun partido político. O seu deber é
estar no seu posto de traballo, non facer coros e bater palmas. O alcalde debe
revisar as órdenes que impón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario