lunes, 29 de julio de 2013

SEGUNDA PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO PASEO DO RÍO MORTO









Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.7 do R.O.F., formula ante o Pleno Corporativo para a súa contestación a seguinte
PREGUNTA:
Nestes últimos días vimos como varios empregados municipais arrancaban todas as árbores do paseo do río Morto, estiveran sans ou secas. Facer este traballo custou bastante tempo e diñeiro.
Unha árbore é unha inversión para o futuro e vale a pena darlle a mellor posibilidade de sobrevivir. Plantala correctamente é indispendable para que creza como unha árbore forte e lonxeva.
Para transplantar arbores, a mellor temporada é o outono, cando o clima empeza a refrescar, ou a principios da primavera cando a temperatura e a choiva é moderada, evitando os días de máis frío e os de máis calor do verán porque as temperaturas extremas non son as mellores aliadas para plantar.
O pasado mércores, día 24 de xullo, procedeuse a plantar todas as árbores do paseo do río Morto. Estas tiñan cepellón pero as covas nas que se plantaron estaba cheas de rebos e barro polo que o agarre pode ter o mesmo éxito que as anteriores.
Por todo elo:
¿Estudaron as características do terreo para saber si esa nova especie era a máis adecuada?
¿Qué técnico aconsellou plantar na época estival?
¿Fíxose un orzamento para saber o custe da reposición das árbores secas?
¿Cal é o número de árbores sans que quitaron do paseo?
¿Cal foi o seu destino?
¿Cal foi o custe das árbores novas?
¿As árbores secas non tiñan a garantía da obra?
¿Por qué non se detectaron as deficiencias nas árbores dentro do prazo de garantía da obra?
Si as árbores estaban en garantía, e as  pagou o contratista, ¿por qué se utilizou persoal municipal?
¿Desde cando o persoal municipal realiza funcións que corresponden a unha empresa privada?
¿Qué número de horas de traballo se destinaron a estas labores?
¿Vaise a evaluar o custe das horas de traballo para repercutirllo a empresa contratista?
 O contrato subscrito para a adquisición das árbores posiblemente sexa un contrato menor ¿Por qué non se lle comunican estes tipos de contrato á oposición?
Na páxina web do concello, no perfil do contratante, http://www.apobra.org/gl/concello/perfil-do-contratante.html non existe absolutamente ningún tipo de contrato, nin menor, nin nada ¿Por qué  non se publican na páxina web ningún tipo de contrato?
A Pobra do Caramiñal, 27 de xullo de 2013.

No hay comentarios: