Mª Teresa García
Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo
Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na
vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción para contribuír ao debate sobre a memoria histórica do
noso país.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A Comisión pola
Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza recorda que a memoria histórica
forma parte dos cimentos ou pilares dunha sociedade. Non se pode construír, nin
reformar, nin ampliar unha democracia tapando o seu pasado, e mirando cara outro
lado. O noso país, a nosa democracia teñen un deber moral, un deber de xustiza e
un sentido ético que deben sustentarse no coñecemento reposado pero intenso do
pasado século. Non se trata de abrir feridas, senón de pechalas de forma
definitiva e de aprender das experiencias pasadas. Vivir o presente e encarar o
futuro non se pode facer obviando o pasado ou seguir permitindo que se cerre en
falso.
No pleno do 26
de xullo do Concello de Baralla, o Sr. González Capón, Alcalde do Concello de Baralla, xustificou a
negativa do grupo do PP á condenar os crimes da ditadura franquista. A citada
xustificación descansaba na seguinte afirmación do propio Alcalde: "los que fueron condenados a
muerte" durante el franquismo "será que lo merecían". Esta
declaración pode claramente interpretarse como unha apoloxía do terrorismo ,
dende logo inaceptable en democracia, máxime da man
dunha “autoridade” institucional. Xustifica e ampara a violencia
política. Son unha ofensa para as vítimas da ditadura franquista.
Debémoslle recordar ao Señor Alcalde, que mais de 6.000 galegos demócratas
foron asasinados pola ditadura franquista, entre eles veciños deste pobo como o Tenente de Alcalde D. Manuel Hermo Vidal
fusilado en Santiago de Compostela o 16 de abril de 1937. D. Manuel Boo López, D. Segundo González
Davila, D. José Ramón Ouviña González, executados o 22 de setembro de 1936,
en Santiago de Compostela. Da.
María Vázquez Suárez, mestra socialista destinada na Pobra,
executada o 19 de agosto de 1936 na praia de Miño. D.Manuel García Hermo foi executado o 20 de agosto de 1936. Antonio Torres Rodríguez,
executado o 26 de setembro do 36, D.
Antonio Rodríguez Casais executado o 27 de setembro do 36. D. Cayetano Sánchez Rivero executado o
17 de decembro do mesmo ano , entre
unha longa lista de veciños/as vítimas do franquismo.
Hoxe en día aínda hai mais de 115.000 persoas que se contan como
desaparecidas en España por culpa da ditadura. Miles de mulleres foron
violadas, miles de traballadores foron expulsados dos seus postos de traballo,
miles de persoas perderon inxustamente os seus bens ao ser estes incautados
pola ditadura.
Así mesmo lembrámoslle ao citado Alcalde que as Institucións Europeas
condenaron ao Franquismo por ser unha ditadura asentada nun golpe de
estado que causou unha Guerra Civil. Non quere recordar este Alcalde o que
aprobou o parlamento español en 2007?. Nese ano o parlamento español declarou o
seguinte:
1.
Se declara la ilegitimidad de los Tribunales,
Jurados y cuales quiera otros órganos penales, administrativos que, durante la
Guerra Civil, se hubieran constituido para imponer, por motivos políticos,
ideológicos o de creencia religiosa, condenas o sanciones de carácter personal
así como sus resoluciones.
2.
Por ser contrarios a Derecho y vulnerar las más
elementales exigencias del derecho a un juicio justo, se declara en todo caso
la ilegitimidad del Tribunal de Represión de la Masonería y el Comunismo, el
Tribunal de Orden Público, así como los Tribunales de Responsabilidades
Políticas y Crímenes de Guerra constituidos por motivos políticos , ideológicos
o de creencia religiosa.
3.
Igualmente se declara ilegítimos por vicio de forma
y fondo, las condenas y sanciones dictadas por motivos políticos,
ideológicos o de creencia por cualesquiera Tribunales u órganos penales o
administrativos durante la Dictadura contra quien defendía la legalidad
institucional anterior, o pretendían el restablecimiento de un régimen
democrático en España.
Despois de todo o investigado polos historiadores, despois dos acordos
parlamentarios conseguidos, Como se poden dicir publicamente afirmacións como a
efectuada polo Sr. Alcalde de Baralla no pleno do mes de xullo?
Unha vez que
este Alcalde rectificara publicamente as súas declaracións ofensivas e
humillantes á democracia, nomeadamente aos milleiros de vítimas do franquismo.
Entendemos que son tibias e insuficientes, non podendo ser que un dirixente
democrático adopte este tipo de declaracións fascistas.
Por
todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes
ACORDOS
1. Instar ao alcalde do Concello de Baralla a que
presente a súa dimisión con carácter inmediato.
2. Que o pleno da Corporación Municipal faga un
pronunciamento público a favor das vítimas do franquismo e condenar o Golpe de
Estado de xullo de 1936 así como todo o período da Ditadura Franquista.
3.
Instar ao PP de Galicia a condenar publicamente estas
denigrantes e inxustificables declaracións do titular do concello de Baralla.
A Pobra do Caramiñal, 11 de agosto de
2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario