Mª Teresa García
Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo
Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.7 do R.O.F., formula ante o Pleno
Corporativo para a súa contestación a seguinte
PREGUNTA:
A política de
persoal que segue o Servizo Galego de Saúde ten consecuencias nefastas para
toda a cidadanía, política que consiste basicamente en non contratar persoal substituto
de maneira habitual ou que cando se fai, faise de xeito precario. De feito, as
ferramentas, que no seu día se crearon para situacións excepcionais, na
actualidade utilízanse de xeito habitual, e o que se ten convertido en
excepcional é que se contrate un/unha traballador/a substituto/a.
O bloqueo das
axendas de persoal facultativo e de enfermería, a distribución de tódalas citas
entre o persoal que queda no centro son agora a maneira de cubrir, ou máis ben
de non cubrir, as ausencias por vacacións, baixas, permisos, etc.
É evidente que
esta xestión do persoal do SERGAS fai que os pacientes, usuarios da sanidade
pública, teñamos que padecer as consecuencias xa que se crean listas de espera,
tardando días e incluso mais dunha semana para ir ao médico de cabeceira. É
algo que se pode comprobar xa a día de hoxe, un de xullo, no noso centro de
Saúde onde faltan dous médicos, o pediatra e tres enfermeiros.
Por todo elo:
¿Ten pensado facer algo o goberno municipal para que
aos veciños non lle afecten os recortes do persoal do centro de saúde?
¿Por qué non se lle esixe ao SERGAS que substitúa o
pediatra?
¿Por qué se permite desde a institución municipal a
discriminación aos pais/nais deste pobo que teñen nenos menores de tres anos e
teñen que acudir aos pobos limítrofes para levar aos nenos ao pediatra?
¿Por qué este goberno municipal soamente fala dun futurible
inmoble dedicado a centro de saúde e non se preocupa de dotar o existente de
recursos humanos.
A Pobra do
Caramiñal, 01 de xullo de 2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario