viernes, 31 de mayo de 2013

DESCENSO DA POBOACIÓN NO CONCELLO




Según o INE no ano 2006 tiñamos 10.001 h; no 2007 / 9.923; e descendendo cada ano ata chegar ao ano 2012 que contábamos con 9.664 h.
Recordarlle ao Sr.Maceiras que se non hai xente non hai pobo, cómpren persoas para facer un pobo. É un alumno avantaxado da dereita e prometeu o crecemento do pobo nos sucesivos compromisos electorais, os datos son incontestables: en vez de medrar, cada día morremos un pouco mais.

MOCIÓN COMPLETA 

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción relativa ó constante e alarmante descenso da poboación do Concello.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Galicia perde poboación cada año que pasa, sen embargo na Pobra do Caramiñal xa é un mal endémico.
Levamos 35 anos de democracia, dos que 28 foi gobernado este Concello pola dereita (sen contar que herdamos un alcalde franquista reconvertido a demócrata), e unicamente durante 8 anos houbo un goberno de cor socialista. É imprescindible recordalo porque estamos afeitos a que este equipo de goberno, tanto nas sesións do Concello Pleno como nos medios de comunicación, bote a culpa das súas desfeitas, da inoperancia, a ese Alcalde socialista cando case foi efémero no período democrático; catorce anos sen interrupción do Partido Popular debían ser suficientes para desenvolver unha vila envexa da comarca e non apostar por un municipio de terceira categoría (Directrices Ordenación Territorio).

Desde o ano 2001, sendo sempre o Alcalde Isaac Maceiras, o Concello da Pobra do Caramiñal ven perdendo poboación de xeito constante e determinante, mentres por contraste os concellos limítrofes suman habitantes nestes anos: un estudo realizado na Universidade da Coruña explica polo miúdo como os concellos de Boiro, Ribeira, Noia e Rianxo medran en poboación e o seu envellecemento é inferior a outros concellos galegos. 

Malia que a Pobra conta co primeiro polígono industrial da comarca, o panorama demográfico foi empeorando cada vez máis, e xa as persoas que veñen a traballar ao Polígono da Tomada viven maioritariamente nas poboacións veciñas.

Durante bastante tempo, o Sr. Alcalde ten manifestado en repetidas ocasións que coa entrada en vigor do PXOM a poboación do municipio ia aumentar considerablemente, pero desgraciadamente asistimos ano tras ano ao proceso contrario á previsión do Sr. Maceiras, polo que a poboación estase a reducir de xeito alarmante, e logo de baixar da primordial barreira dos 10.000 habitantes, cada vez estamos máis lonxe de recuperala. 

Os nosos devanceiros deixáronnos unha Vila de referencia económica e social, mesmo cabeceira de comarca, mesmo co primeiro polígono industrial portuario de Galicia (Barrio dos Cataláns),  e co actual goberno municipal so presumimos de ter sido –porque a burbulla xa rebentou- un produto inmobiliario para foráneos con residencia estival e efémera, cos custos que isto representa para o resto do pobo.

Cómpre actuar urxentemente con políticas activas de recuperación e fixación de poboación, combinando políticas que garantan a conciliación familiar, axudas económicas, vivendas con prezos más alcanzables, e fomentando que os mozos permanezan ca consecución de emprego, aumentando a natalidade e mantendo un crecemento sostible.

Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

ACORDOS:
1º.- Que o goberno do Concello da Pobra acometa unha fonda campaña de concienciación fomentando o empadroamento de todos/as aqueles/as que residan no termo municipal de xeito habitual e non figuren inscritos/as, e de xeito especial aqueles outros que sexan propietarios/as de vivendas de protección oficial ou promoción pública, recordarlles a obriga de residir no municipio.
2º.- Actuar con políticas activas de fixación de poboación, que garantan a conciliación e crear iniciativas atractivas para que os mozos non teñan que emigrar.

A Pobra do Caramiñal, 06 de maio de 2013.

 

No hay comentarios: