A reforma Wert é demoledora para a ensinanza pública, non consensuada ca
comunidade escolar, feita as costas da comunidade educativa, que solo escoita
aos obispos.
É o ataque máis tremendo que sufriu a educación desde o inicio da
democracia.
Supón a ruptura do pacto educativo establecido na constitución e permite a
introdución sistemática da discriminación.
É unha lei: clasista, segregadora e excluinte.
O que o goberno ten que saber é que xamais pode ser súbdito da igrexa
porque a educación é o futuro e o están construíndo moi negro.
O goberno ten previsto pasar de inverter en educación o 4,9% do PIB en 2010
ao 3,9% no 2015. Fai 30 anos o gasto era do 5,35% do PIB. É un retroceso
tremendo. Acabouse a educación compensatoria, a integración de nenos e nenas
con necesidades especiais por problemas físicos ou psíquicos, acabáronse os
programas masivos de becas.
Estes tres últimos días asasinaron a catro mulleres polo tanto a
eliminación da educación para a cidadanía é moi grave porque educar para a
cidadanía significa educar no respecto as desigualdades, a inmigración, a
Constitución, as institucións, …
MOCIÓN
Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal,
integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o
seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción sobre a retirada do anteproxecto
de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
A educación en España mellorou
extraordinariamente nos últimos anos, tal e como testemuñan os estudos de organismos internacionais. Hoxe os niveis
de escolarización son máis altos que nunca en todas as etapas educativas, a
porcentaxe de abandono escolar prematuro diminuíu substancialmente, e somos un
dos países que máis avanzou nos últimos anos en rendemento e equidade. O resultado é que hoxe dispomos dun
sistema educativo cun nivel crecente de calidade, organizado como un servizo
público universal, que chega a toda a poboación en condicións de igualdade e de
calidade.
O último impulso a este avance prodúcese en 2006, cando tras un intenso debate e un
diagnóstico rigoroso, apróbase a Lei
Orgánica de Educación cun altísimo grao de acordo entre comunidade educativa,
organizacións sociais e forzas políticas. Esta lei xunto ao aumento
sostido durante varios anos dos orzamentos
para educación, permitiron un enorme avance nos obxectivos da estratexia da UE
para o 2020.
Estes logros están agora en perigo ao presentar o Goberno de Mariano Rajoy
un novo anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa de
carácter extremadamente conservador, regresivo para a educación pública e que
supón un cambio profundo na organización da educación en España. A realidade é
que para a súa elaboración serviuse dos seus principios ideolóxicos,
renunciando á elaboración dun diagnóstico rigoroso, compartido e coherente das
necesidades e obxectivos educativos para os próximos anos.
Esta nova reforma abre un camiño tan inxusto como ineficaz posto que asume que segregando pronto aos
mozos redúcese o fracaso escolar. As medidas propostas van claramente
encamiñadas a excluír canto antes do sistema escolar precisamente a quen máis
necesitan da escola, e a formar aos nenos e aos mozos expresamente con
criterios competitivos.
Un Anteproxecto de Lei que se utiliza como elemento arreboladizo entre españois e busca degradar
as linguas cooficiais, á vez que promove un proceso de re-centralización que
obvia a contribución das CCAA á mellora da educación en España.
Desde logo, non se entende que razóns, fóra das puramente ideolóxicas,
avalan o fortalecemento do ensino da relixión católica e permiten eliminar a formación cívica da
Educación para a Cidadanía e os Dereitos
Humanos.
Un anteproxecto de Lei que mostra unha desconfianza preocupante cara ao docente e que pon toda a
súa fe nas reválidas, as avaliacións e o rankings.
En definitiva, unha reforma educativa que supón un menoscabo cara á escola
pública e que demostra unha profunda desconfianza sobre o papel indispensable e
positivo que esta xogou no desenvolvemento do últimos trinta anos en España.
Por todo iso, este grupo que
represento solicita a adopción dos seguintes
ACORDOS:
1.
A retirada do
Anteproxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).
2.
A apertura dun
proceso de diálogo para a análise das necesidades e os obxectivos, mediante un
documento aberto de traballo de obxectivos e diagnóstico.
3. No centro deste
debate estará a Comunidade Educativa, Consello Escolar do Estado, os Consellos
Escolares Autonómicos, expertos educativos, as Comisións de Educación no
Congreso e no Senado, os Parlamentos Autonómicos, a FEMP e a Conferencia
Sectorial de Educación.
A Pobra do Caramiñal, 06 de maio de 2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario