A
finais de xaneiro os alcaldes de Boiro, Rianxo, Ribeira e Pobra acudían a Fitur
para promover o turismo da comarca. O próximo día 30 de maio din que van a unha
xuntanza na Casa de Galicia en Madrid para promocionar o plan de turismo para o
ano 2013.
Con
este argumento apraza o pleno ordinario o alcalde Isaac Maceiras previsto para
o día 30 de maio que se celebrará o día 6 de xuño.
A
pregunta é si estes alcaldes de Arousa Norte coñecen o alcance da crises porque
a austeridade e o sacrificio nos afecta a todos menos a eles. Ningún se ruboriza.
A representación política esixe exemplaridade moral. Non podes pedir o que non
estás disposto a dar.
Solicitamos
maior transparencia das xestións feitas con diñeiro público co fin de que estas
sexan mais eficaces. A cidadanía non sabe de qué se compoñen esas xornadas,
como se desenrolan, canto lle supoñen as arcas públicas e finalmente si o custe
compensa os resultados obtidos.
Pode
que con todas as promocións que fan non acudan mais turistas á comarca debido a
situación económica e a 6.202.700 parados, o que si temos claro é que os
alcaldes si fan turismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario