Na escola Náutico pesqueira de Ribeira
estanse a impartir ciclos formativos de grao medio de técnico de navegación,
pesca e transporte marítimo, técnico de operación, control, mantemento de
máquinas e instalacións do buque e grao superior de máquinas e materias da
titulación de Patrón costeiro polivalente.
Estas titulacións,
por si soas, non habilitan para o exercicio profesional posto que a Mariña
Mercante Española esixe: o curso avanzado de formación sanitaria específica,
curso avanzado de loita contra incendios, curso avanzado de botes de rescate
non rápidos, de operador xeral do Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítimos (GMDSS) e o curso de Radar de Punteo Automático
(ARPA).
Estes cursos son
obrigatorios para poder enrolarse e exercer o traballo para o que os alumnos se
prepararon, polo que os obriga a acudir
a entidades privadas para poder
realizalos, cun custe económico de 1000€ - 1500€ curso, mentres que na
Escola Náutico-Pesqueira de Vigo e na Escola de Ferrol, pódense cursar de xeito gratuíto.
É evidente que esta
situación é discriminatoria para as persoas que optan por estudar na Escola
Náutica de Ribeira, maioritariamente
veciños do Barbanza.
Neste momento é
imprescindible apostar pola formación profesional, especialmente da xente máis
nova, para loitar contra a situación de desemprego, que se eleva a unha taxa
desmesurada do 55% dos menores de 25 anos que buscan activamente traballo e
cando máis de 82.000 mozos españois emigraron en busca dunha oportunidade
laboral o ano pasado.
Non se entende como
a administración exclúe e marxina a uns cidadáns en detrimento de outros, non
ofertando as titulacións requiridas en tódalas escolas oficiais Náutico
pesqueiras ca finalidade de que podan reincorporarse ao mercado laboral en
condicións de igualdade.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Mª Teresa García Guillán, concelleira do
PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do
disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria,
presenta ó Pleno unha moción
solicitando que se impartan na
Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira diversos cursos avanzados e Ciclos
de Técnico superior.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Na actualidade, na
Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira véñense impartindo ciclos formativos de grao medio
(Técnico en navegación, pesca e transporte marítimo e Técnico en operación,
control, mantemento de máquinas e instalacións do buque) e un
ciclo formativo de grao superior (Técnico superior en supervisión, control de
máquinas e instalacións do buque). Ademais, tamén se imparte a formación
de Patrón costeiro polivalente.
Hai matriculados un total de 150 alumnos, polo
que a formación do sector do mar na nosa comarca require dunha atención
axeitada.
Os títulos dos
estudos que moitos dos nosos mozos/as optan por facer no ámbito do mar e que expide a Consellería de Educación, non
habilitan para poder exercer a profesión se non van acompañados da preceptiva formación complementaria que esixe
a Mariña Mercante Española: o curso avanzado de formación sanitaria específica,
curso avanzado de loita contra incendios, curso avanzado de botes de rescate
non rápidos, de operador xeral do Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítimos (GMDSS) e o curso de Radar de Punteo Automático
(ARPA).
Estes cursos,
obrigatorios e necesarios para poder enrolarse nunha embarcación e exercer o
cargo para o cal os alumnos/as estudaron e se formaron durante dous anos, actualmente non se están ofertando dentro do programa de ciclos de formación
profesional da Escola Oficial
Náutico-Pesqueira de Ribeira, dado a falta de profesorado para impartilos, xa
que os docentes cos que conta o centro
teñen cuberto o seu cupo horario.
Este feito obriga aos alumnos a acudir a entidades privadas para poder realizalos, o que leva aparellado un elevado custe económico
(1000€ - 1500€ curso), motivo que en moitos casos imposibilita que os nosos
mozos/as os poidan cursar, mentres que na Escola Oficial Náutico-Pesqueira do
Atlántico (Vigo) e na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, ofértanse moitos deles de xeito
gratuíto.
Despois de anos
de espera pola Escola Oficial Náutico-
Pesqueira de Ribeira, para que os mozos e mozas da Comarca da
Barbanza puideran estudar preto das súas casas, consideramos que os actuais
alumnos da mesma, que non se beneficiarán do novo plan de estudos (no que xa se
contempla algún dos anteditos cursos nos programas formativos) deben ter igualdade de oportunidades que os
alumnos de Vigo e Ferrol para realizalos gratuitamente.
Por todo
iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes
ACORDOS
1) Que se Inste
ao goberno da Xunta de Galiza para que o
curso avanzado de formación sanitaria específica, curso avanzado de loita
contra incendios, curso avanzado de botes de rescate non rápidos, de operador
xeral do Sistema Mundial de Socorro e Seguridade Marítimos (GMDSS) e o curso de Radar de Punteo Automático
(ARPA), impártanse na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, dando as mesmas oportunidades aos alumnos da
Barbanza cos que estudan nas outras Escolas Náutico-Pesqueiras de Galiza.
2) Dado o alto
nivel de solicitudes que se rexistran no centro, qué se inste ao goberno da
Xunta de Galiza a impartir na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira o
Ciclo de Técnico superior en pesca, navegación e transporte marítimo.
A Pobra do Caramiñal, 12 de marzo de 2013.
No hay comentarios:
Publicar un comentario