Levamos,
xa, cinco longos anos, dende o afondamento do sistema financeiro nos EE.UU.
Lévase escrito moito, e no noso país, o goberno de Zapatero foi víctima
da desfeita que o corte do creto provocou na construcción e no parón do
consumo, no incremento do desemprego e nos recortes da protección, e na
baixada nos ingresos do Estado. As medidas que se tomaron daquela non
arranxaron o problema, aínda que algunhas ían no bo sentido. Haberá tempo de
volver sobre o asunto.
Pouco
se parece hoxe, España , ao que fomos nos derradeiros anos que precederon
ao comezo da crise. Pasamos de ser un país punteiro e respectado, sobre todo
fora , e con pouca contestación dentro -se esquecemos a batalla campal da
dereita, dende o mesmo momento que perderá as eleccións naqueles días
desgraciados do 11M, e os tres seguintes.
Non
queremos buscar xustificacións na comparanza co momento actual. Ó contrario, a
realidade é ben esclarecedora. Salarios máis baixos, máis paro, máis impostos,
máis represión, menos seguridade social, menos escolas e universidades, becas e
investigación.
A
todo isto hai que engadir o papel dos tribunais de “xustiza”, os “medios de
comunicación”, a estafa da “banca”, o silencio cómplice da cúspide, e da base
fascista da igrexa, a mentira como instrumento “político” e de
“comunicación”.
Isto
non se fai para facer cadrar as contas, en contra do que din os farsantes que
ocupan o goberno. As contas cadran en moitos países da Unión Europea –os
nórdicos, por exemplo- e non se teñen que facer os recortes salvaxes nin
recorrer ó medo e a mentira como ferramentas para levar as cousas de
todos.
A
dereita aproveita a crise social para facer un cambio de modelo. Queren
empobrecer ó Estado –empobrecendo ós traballadores e facilitando ós ricos o
fraude fiscal- para que non poida facer fronte ós servizos que viña prestando:
pensións, sanidade, ensino, etc. Deste xeito facilitan a entrada, no que é de
todos, das empresas afíns. Esas que empregan familiares é benqueridos da dereita,
como no caso de Bankia, e das tramas coma as do Gürtel, de todos coñecidas.
Velaí a herdanza da que tanto falaban. As contas trucadas estaban, e seguen
estando, alí onde a dereita mete as súas miserias, os seus familiares, e outros
delincuentes.
É
verdade. Estamos nunha trampa da dereita, que está utilizando a banca, que nos
tima a todos para terminar de desmantelar o que queda do estado democrático. Os
cartos do rescate serven para cubrir as perdas dos bancos –non para cretos ás
familias ou empresas- e os réditos computan no déficit público, encarecen os
tipos de interese “no Mercado” é, deste xeito, “xustifican” máis recortes. Ou
sexa. Pagámoslle ós bancos, para que desfagan os servicios sociais. Así de
triste, así de lamentable. Veremos salarios, condicións laborais e pensións
asiáticas de aquí en adiante. Iso si, os impostos indirectos terán niveis de
países europeos que atacarán ás clases menos podentes.
Pero,
sendo todo isto moi perigoso para o noso presente, e unha ameaza clara para os
máis novos, temos una boa nova: non temos que agacharnos coma escravos, non é
algo inevitable, se somos capaces de ter un pequeno compromiso social e
participar algo máis na vida pública.
Non
debemos seguir esperando a que veñan milagres a rescatarnos. Témolo que facer
entre todos. É posible, sen necesidade de recorrer a máis sacrificios dos que
xa imos ter que soportar. Todo canto fagamos mellorará, de xeito ven visible,
as posibilidades individuais comas as colectivas. En contra das intencións da
dereita, España debe ser un país que aposte pola competencia cos países
punteiros e non cos de baixos custes.
Na
Pobra tamén se libra esa batalla. Non se esquecen de ter empresarios afíns que
propician a subordinación e non ás capacidades profesionais. En moitas empresas
rexen os métodos clientelares por riba das relacións empresa-traballador. Est.e
clientelismo político alcanza cotas descaradas e os xeitos da dereita son
parellos ós do goberno do Estado. Pero sobre todo son o sustento das bases da
dereita. As bases dos que queren levar a España ós mares da China, en limusinas
americanas.
Todo
isto non fai que A Pobra destaque para ben. Pola contra, perdemos en comparanza
cos concellos veciños, como deixan ben ás claras as Directrices de Ordenación
do Territorio, que o alcalde non rexeita. Iso si, non esquece subir as taxas e
impostos para ocupar todo o que ten na cabeza: que todo vaia peor, e que se
manteña unha cidadanía dócil, aborregada, que bota moitos foguetes o ar, e
enche as furnas con votos da dereita. Ese é o seu programa. Tamén fai encontros
cos xubilados, e outras inauguracións que pagamos todos, é despois pásalles a
correspondente subida de “aportacións” nos recibos que remite ás contas
bancarias. Todo moi de dereitas, con sorriso “profidén” e curta estatura..
A
Pobra debe cambiar de ruta, de corporación e de alcalde. Non só a Pobra.
Queremos que o noso concello encete un novo xeito de ver a vida pública dende o
poder más próximo á todos nos. Os concellos.
Un
concello innovador na relación e a cooperación con outros concellos, que nos
abra a posibilidade de participar en sectores como o enerxético, o financeiro e
con avanzadas políticas fiscais e medioambientais. Un concello onde se
recupere, para as persoas a prioridade nas rúas e nas estradas. O respecto dos
vehículos a motor cas normas de convivencia, cos outros usuarios, e co medio
ambiente.
Un
concello que incorpore á cidadanía o interese polas cosas que poden mellorar o
nivel social. Fundamentalmente a xuventude. Faremos propostas innovadoras para
o espacio cultural, festivo e deportivo da mocidade. Sobre todo contando ca súa
opinión e experiencia en todos os lugares nos que queiran participar. Un
concello para comezar un cambio dende as bases, que leve a Galicia e a España
ao sitio onde non poidan volver a baixala os especuladores e os seus cómplices.
Xa somos moitos. Queremos contar contigo. Hai un sitio connosco, agardándote.
No hay comentarios:
Publicar un comentario