viernes, 29 de junio de 2012

VERTIDOS AO RÍO MORTO: CONSTANTES E PERMANENTES

 
Esta semana o equipo de goberno da Pobra nos anunciaba a bombo e platillo que creaban un portal sobre cuestións medioambientais para empresas e veciños relacionadas co medio ambiente e a sostenibilidade.

Non tivemos que esperar máis que un día para que os vertidos percorran o río Morto. Sinceramente, prescribirlle un duro tratamento de psicoanálisis a este goberno local sería o máis sensato que un especialista fixera porque ca problemática de vertidos e o permanentemente mirar cara outro lado, sen que sexan capaces de aplicar o regulamento que eles mesmos fixeron e aprobaron, presumir e habilitar un portal desas características é tomarlle o pelo aos cidadáns. ¡Por algo vivimos no pobo do esperpento!

 
Insto ao alcalde a que colgue as fotos do río Morto contaminado en dito portal e ofreza ao mundo a súa incompetencia na defensa do medio ambiente.

Esta alcaldía é imposible que faga un control dos verquidos industriais para afrontar dun xeito decidido un  mal endémico que vén padecendo dende fai moitos anos o noso concello.

Os veciños da Pobra do Caramiñal estamos sufrindo un ataque permanente á saúde dos nosos ríos e da ría de Arousa pola pasividade do goberno municipal, o que ten consecuencias nocivas para a poboación.

A voceira Socialista ven denunciando que os vertidos son continuados, non se trata dunha cuestión puntual, senón que se teñen detectado todo tipo de produtos químicos ameazando permanente a saúde do río Morto.

Os responsables municipais deben traballar para facer compatible o desenvolvemento económico, a través das industrias asentadas na zona, co respecto ó medio ambiente e ó cumprimento da lexislación ambiental.



No hay comentarios: