Fáltannos adxectivos para criticar a
sinistra burla e a descarada estafa do alcalde Isaac Maceiras no que converte o
acceso ao emprego público do concello, onde suple os principios de igualdade,
mérito, capacidade e transparencia polos de enchufismo, clientelismo, amiguismo
e escarnio cara a cidadanía.
No concello da Pobra os principios constitucionais de igualdade, mérito e
capacidade requiridos para traballar en calquera administración pública
novamente vólvense a infrinxir. Non é un principio básico para este Goberno que
prometeu 500 postos de traballo en campaña electoral e o único que fai e
enchufar aos amigos e descendentes dos seus concelleiros.
O
martes pasado, día 3 de xullo abriu a oficina de turismo da Pobra, situada a
carón do parque infantil do Castelo. Que se saiba non houbo ningunha
convocatoria oficial para cubrir dita vacante co profesional máis cualificado.
Dita praza a está ocupando a filla da concelleira de servizos sociais, Balbina
Lojo Olveira. A súa filla Estefanía García Lojo, que tamén exerce como vogal de
Novas Xeracións da Pobra foi a persoa elixida sen que teñamos constancia da preparación académica requirida e se reúne as
condicións mínimas para o posto.
Según puidemos saber o criterio para
seleccionar a esta moza foi, aparte do enchufe por ser filla da concelleira
de servizos sociais, “es que tiene buena
presencia”. O comentario por sexista
merece a nosa repulsa e dedúcese que a lei de igualdade é unha broma para este
alcalde. Na lexislación vixente non existe o
concepto de “buena presencia” para acceder a traballar na administración.
Aviso a nosa xuventude que aínda que estea preparada pero, se ten ideas
propias e non milita no Partido Popular,
no concello da Pobra non ten futuro.
Esta irresponsabilidade do
Alcalde, fai que os veciños visualicemos a maneira que ten de premiar os
amigos, neste caso a un membro do seu equipo
de goberno, comportándose dunha
maneira despótica propia de tempos pasados. Mófase da xuventude, fai que se nos
vexa como un concello de chirigota, de enchufados e discrimina aos profesionais
que puideran competir por ese posto de traballo. Quebrantan as leis para ser
fieis os seus amigos co fin de pagar
favores, desmoralizan aos mozos e as súas
familias e búrlanse de toda a sociedade.
Deixamos
as seguintes ligazóns para que lembredes
que con anterioridade xa o alcalde obrou de forma pouco obxectiva para
favorecer tanto a súa concelleira coma a súa filla:
Contratación
de socorristas e limpeza de praias do ano pasado:
Outro favor que o alcalde lle fixo a mesma concelleira:
No hay comentarios:
Publicar un comentario