sábado, 14 de julio de 2012

Pregunta ao Pleno sobre a "Baltarización"



    
Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.7 do R.O.F., formula ante o Pleno Corporativo para a súa contestación a seguinte
PREGUNTA:
O día 3 de xullo de 2012, o PSdeG da Pobra coñeceu  e comprobou que Estefanía García Lojo, (filla da concelleira de asuntos sociais, Balbina Lojo Olveira), estaba traballando con tarefas de atención ao público na oficina de turismo municipal.
  • O artigo 3.Dous .do RD-L 20/2011 de 30 de decembro, de medidas urxentes en materia presupuestaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público. prohibe toda contratación de persoal laboral temporal .
  • Por non existir convocatoria para dita praza, nin anuncio oficial na prensa  nin na propia páxina web do Concello.
  • Por tratarse da filla dunha concelleira do Partido Popular da Pobra o que supón un acto de evidente nepotismo.
  • Por incorrer unha vez máis este goberno local nun acto que outorga privilexios aos seus familiares directos facilitándolles o acceso ó traballo en detrimento do resto d@s veciñ@s
  • Por incumprir co principio constitucional de igualdade, mérito e capacidade.
Por todo isto:
¿Hai algunha subvención doutra Administración para a contratación de persoal da Oficina de turismo?
¿Cal foi o criterio que se utilizou para darlle o traballo a esa moza?
¿Qué capacitación profesional se esixiu para optar a dito posto de traballo?
¿Por qué non se lle dou publicidade?
¿Por qué se vulnera o principio constitucional de igualdade, mérito e capacidade?
Por outra banda o día 6 de xullo 2012, o alcalde saíu nos medios de comunicación asegurando que Estefanía García Lojo non tiña ningunha relación laboral co concello, e que voluntariamente abre a oficina de turismo municipal porque quere estudar Turismo:
¿Qué acordo de responsabilidade ten o concello con dita moza  para deixarlle unha instalación pública?
¿Ten o concello contratado algún tipo de seguro de responsabilidade para cubrir os posibles desperfectos no inmoble mentres está aberto ó público baixo a responsabilidade dunha persoa que non ten ningunha relación contractual co concello?
¿Qué seguro ten contratado o concello para cubrir os posibles accidentes  da moza voluntaria?

No hay comentarios: