domingo, 22 de julio de 2012

DAS LIORTAS O PP NON FALA


 

Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.7 do R.O.F., formula ante o Pleno Corporativo para a súa contestación a seguinte
PREGUNTA:
No Pleno ordinario do día 31 de maio, o goberno municipal aprobou inicialmente o orzamento para o exercicio 2012. Na documentación do expediente para o procedemento de aprobación di, que para este exercicio 2012 inclúense créditos para novos gastos tales como 20.000 euros para gastos de defensa xurídica que xurden neste exercicio como consecuencia do remate de varios procedementos xudiciais.

¿Por qué non se da conta ó pleno de tódolos procedementos xurídicos nos que está inmerso o Concello si incluso se habilitan partidas orzamentarias para facerlle fronte?

¿Por qué nunca se informou a Corporación das múltiples sentencias ditadas por xulgados e salas do contencioso administrativo e recaídas en demandas formuladas contra o Concello por funcionarios e particulares?


¿Por qué unicamente se da conta das sentencias favorables a prensa e en ningún caso se informa aos grupos da oposición?

No hay comentarios: