martes, 31 de julio de 2012

MOCIÓN SOBRE A LEI DO ABORTO


Mª Teresa García Guillán, concelleira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal, integrada no Grupo Mixto, ao abeiro do disposto no art. 97.3 do R.O.F., para o seu debate na vindeira sesión plenaria, presenta ó Pleno unha moción solicitando o mantemento da lei de saúde sexual, reprodutiva e interrupción voluntaria do embarazo, e garantir que as mulleres poidan exercer o seu dereito a interrupción voluntaria do embarazo.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Ante a intención manifestada do actual Goberno de España de reformar a lei 2/2010 Saúde Sexual e Reprodutiva e Interrupción Voluntaria do Embrazo, en termos  claramente restritivos  e de eliminación de dereitos, mais de 140 organizacións de mulleres, colectivos en defensa da sanidade e entidades sociais, uníronse baixo o manifesto “Decidir fainos libres” que aposta claramente polo dereito das mulleres a decidir libremente sobre a interrupción do seu embarazo como parte fundamental dos Dereitos Humanos das Mulleres, porque o exercicio deste dereito non pode ser regulado polo Código Penal.
Unha vez mais o Goberno do PP, ante a ineficacia da súa política económica, optou por aplicar a súa política ideolóxica mais conservadora, recortando os dereitos das mulleres. Unha pérdida de dereitos que supoñería un risco para a saúde e a vida das mulleres, omitindo a obrigación do Estado de acordo á normativa europea e internacional, de referendar a protección e seguridade xurídica en materia de dereitos sexuais e reprodutivos.
O dereito a decidir das mulleres sobre os seus corpos e as súas vidas está enfrontado co prototipo de feminidade que discrimina ás mulleres e que pretende impoñer o Goberno con esta anunciada reforma.
Con esta moción seguimos as recentes recomendacións que Nacións Unidas realizou a España, con ocasión da revisión do cumprimento do Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais, e Culturais (PIDESC), onde recoñece os dereitos o traballo, educación, seguridade social e o dereito a garantir o mais alto nivel posible de saúde, incluíndo a saúde mental, sexual e reprodutiva, sen discriminación algunha. Nelas, Nacións Unidas recomenda o noso Estado/España garantir a plena aplicación da Lei Órganica 2/2010 de 3 de marzo de 2010 en todo o territorio nacional e a adopción dun procedemento básico común a tódalas comunidades para garantir un acceso equitativo á interrupción voluntaria do embarazo; para asegurar que o exercicio da obxección de conciencia por parte de médicos e de outros membros do persoal sanitario, non constituía un obstáculo para as mulleres que queiran poñer fin a un embarazo.
    Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes

ACORDOS:

1º.- Este concello únese ó manifesto “DECIDIR FAINOS LIBRES” elaborado pola Plataforma Estatal en Defensa dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos que agrupa a mais de 140 organizacións sociais e de mulleres. E promoverá activamente, a través dos medios de comunicación locais e con actividades, a súa difusión.
2º.- Este concello esixe o Goberno da Nación o mantemento da lei 2/2010, de 3 de marzo, de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo, así como a garantía de que as mulleres poidan exercer o seu dereito a interrupción voluntaria do embarazo.

A Pobra do Caramiñal, 15 de xuño de 2012.

No hay comentarios: