Como a prensa non se fai eco da censura que está a
sufrir o grupo municipal socialista da Pobra, non nos queda outra que darlle difusión
a través das redes sociais, unha vez máis o alcalde non autoriza a facilitar as
copias para o estudio da conta xeral do exercicio 2011. Na nosa modesta
opinión, un Alcalde que pon paus nas
rodas da información, é un Alcalde que ten algo que ocultar.
A transparencia debe ser o principio básico que debe rexer na Administración Local. Sen unha información pública clara e veraz das contas municipais, o único que provoca é o “sospechosismo” ou a elucubración do destino dos cartos públicos máis aínda cando somos un concello cun elevado endebedamento. Ademais a falta de transparencia provoca, como por desgraza podemos constatar hoxe en día, desapego e desconfianza cara os xestores públicos e políticos en xeral.
Consideramos de especial importancia para a defensa dos intereses dos cidadáns que as contas públicas teñan o teito e as paredes de cristal, máxime na actual situación de crises económica na que hai que optimizar ó máximo os recursos.
A transparencia debe ser o principio básico que debe rexer na Administración Local. Sen unha información pública clara e veraz das contas municipais, o único que provoca é o “sospechosismo” ou a elucubración do destino dos cartos públicos máis aínda cando somos un concello cun elevado endebedamento. Ademais a falta de transparencia provoca, como por desgraza podemos constatar hoxe en día, desapego e desconfianza cara os xestores públicos e políticos en xeral.
Consideramos de especial importancia para a defensa dos intereses dos cidadáns que as contas públicas teñan o teito e as paredes de cristal, máxime na actual situación de crises económica na que hai que optimizar ó máximo os recursos.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Mª Teresa García
Guillán, concelleira do grupo Municipal Socialista (PSdeG-PSOE), integrada no
Grupo Mixto, no concello de
Pobra do Caramiñal, o amparo do disposto no art.. 14 e seguintes do Regulamento
de Organización, funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades locais, e en
exercicio do dereito fundamental, recollido no art. 23.1 da Constitución no que
se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos
políticos directamente ou por medio de representantes libremente elixidos en
eleccións periódicas por sufraxio universal.
EXPÓN:
Na Intervención do
Concello, está o expediente relativo á Conta Xeral correspondente ó exercicio
do ano 2011. O Concello ten que cumprir a obriga legal de render as contas que
constitúen o mecanismo que pon de manifesto a xestión realizada e permite
controlar o uso e destino dado aos fondos públicos, en definitiva é un
mecanismo de control.
Unha vez máis o
Alcalde - Presidente da Corporación pon atrancos para obter a información
necesaria para o posterior debate en Pleno sobre a aprobación da conta xeral do
ano 2011.
O pasado xoves, día 02
de agosto recibín a convocatoria da comisión informativa especial de contas e
réxime interior para o martes,día 7 de agosto ás 13 horas. Como é costume ao
día seguinte de recibir a convocatoria, acudín a retirar a documentación
correspondente a conta xeral do exercicio 2011. A sorpresa foi que non me deron
as fotocopias para revisar e fiscalizar
toda a conta xeral dicíndome que podería consultala unicamente nas dependencias
do concello onde non existen despachos para a oposición sendo imposible
examinar a densa, complicada e enredada documentación. Negar as copias supón
que teña que transcribir manualmente tódolos informes que teña o expediente.
É totalmente imposible
ter debate no Pleno si se me censura a información, impedíndome a fiscalización
e a comprobación do uso correcto ou indebido dos fondos públicos.
O dereito a
información dos membros das corporacións locais teñen o seu respaldo no artigo
23 da Constitución Española –dereito a participar nos asuntos públicos-, sendo
elemento imprescindible para exercer o control e fiscalización dos órganos de
goberno das mesmas. Insisto en que os membros representativos das entidades
locais non debemos encontrar atrancos para o desenrolo ordinario da nosa
función, porque como está a acontecer estase a vulnerar o dereito de
participación política, e de forma indirecta elévanse obstáculos improcedentes
a plena efectividade do dereito dos cidadáns, a participar nos asuntos
públicos, pedra angular do noso sistema democrático.
A xurisprudencia ven
catalogando dende fai tempo a obstrución do dereito a información como constitutivo
dun delito contra os dereitos cívicos, máis aínda cando o consello de Ministros
do Goberno de España presidido por Rajoy ven de aprobar o proxecto de Lei de
Transparencia que permita aos cidadáns coñecer a xestión e o estado das contas
públicas, polo que non entendo a obstinada oposición do Alcalde de dificultar o
acceso a información.
Para exercer a labor
de oposición, entendida como unha fiscalización ao goberno local,
SOLICITO:
Se teña por presentado
este escrito e se me faciliten as copias de toda a documentación correspondente
a conta xeral do exercicio 2011 así como todos os informes técnicos que teña o
expediente, de tal maneira que poda ter unha completa información para acudir a
comisión informativa do martes 7 de agosto.
Pobra do Caramiñal, a
03 de agosto de 2012.
No hay comentarios:
Publicar un comentario