O
Sistema Nacional de Saúde, creado ca Lei Xeral de Sanidade de 1986, é unha
conquista da sociedade española.
O
modelo de sanidade creado a partir de entonces baseou o seu desenrolo nos principios de
universalidade, equidade, calidade, cohesión e loita fronte as desigualdades en
saúde, conseguindo avances sanitarios de gran magnitude que situaron a sanidade española entre as primeiras do mundo
desenrolado.
Unha
clave relevante que explica o enorme avance de noso sistema sanitario público
radica no seu carácter de sistema amplamente descentralizado, que permitiu ás
Comunidades Autónomas desenrolar servicios de saúde que responderon de forma
satisfactoria ás necesidades sanitarias da poboación.
O
Sistema Nacional de Saúde español dispón de profesionais sanitarios altamente
cualificados sen cuxa implicación e involucración cos obxectivos sanitarios non
sería posible alcanzar os niveis de calidade logrados na Sanidade durante estes
anos.
Os
cidadáns apreciaron o desenrolo do Sistema Nacional de Saúde e a capacidade de
dar resposta as necesidades socio sanitarias da poboación; de feito, a sanidade
pública foi tradicionalmente o servicio público mellor valorado pola cidadanía.
A
caída de ingresos en todas as administracións, a causa da crise económica, condicionou a adopción de medidas de control
do gasto e de austeridade que permitiron contribuír a sostibilidade económica da nosa sanidade
pública.
Entre
2010 e 2011, o Goberno socialista adoptou, xunto cas Comunidades Autónomas, un
paquete de accións que permitiron rebaixar de maneira importante os gastos
sanitarios en ámbitos que non afectaron ni a calidade das prestacións nin os
dereitos da cidadanía.
Foron
medidas de control do gasto farmacéutico, medidas de xestión centralizada de
compras, medidas de coordinación institucional e outras que permitiron asegurar
austeridade sen afectar dereitos nin calidade.
Sen
embargo, o acceso do PP ao Goberno de España tivo como consecuencia a caída da
confianza da poboación española sobre a sanidade pública e a aparición da
sanidade como problema que preocupa á cidadanía.
O
Goberno do Sr. Rajoy xerou unha enorme preocupación social ó afirmar que a
sanidade española non é sostible e plantexar unha reforma do Sistema Nacional
de Saúde, que toca elementos esenciais do modelo ó acabar ca universalización da
sanidade por razón de cidadanía e substituílo por un modelo de aseguramento
ligado a seguridade social. Un modelo no
que quén non esté incluído, terá que demostrar non dispor de ingresos
suficientes para adquirir a condición de asegurado.
A sanidade deixa de
ser pública, universal e gratuíta para todos os cidadáns e convertese nunha
sanidade soamente para os asegurados e a beneficencia.
Esta modificación
retrotrae o sistema sanitario a un modelo de aseguramento similar ó vixente nos
anos setenta e principios dos oitenta; antes da aprobación da Lei Xeral de
Sanidade, de 1986.
Vólvese a unha
situación similar ó sistema insolidario que existía en España nos anos 70.
Xunto
a elo, a decisión de romper a carteira de prestacións con carteiras
complementarias, abre a porta ó copago de moitas prestacións polas que ata agora
non había que pagar.
Por
primeira vez, os pensionistas van ter
que pagar polas medicinas que precisan, un 10% do custe dos
medicamentos que lles receite o médico e que as persoas en activo paguen tamén,
polo menos, un 25% máis do que pagan ata o de agora pasando do 40% ó 50% do
prezo para as rendas entre 18.000 e 100.000 euros e un 60% do PVP os de rendas
superiores ós 100.000 euros.
Ademais
de todas estas medidas o Decreto aprobado obriga aos usuarios a pagar as
ortoprótesis (cadeiras de rodas, muletas e calzas, xeonlleiras, tobilleiras), obriga
tamén a pagar os produtos dietéticos,
por exemplo vai a afectar a alimentación nutricional que se lles
subministra por vía oral ou por sondas de alimentación ós grandes
dependentes e desnutridos.
Pero
non só afecta aos produtos farmacéuticos e material ortoprotésico senón que
tamén afecta ao transporte sanitario non urxente. Neste caso se cobrará a
aqueles pacientes que acudan a urxencias en ambulancia e teñan que volver o seu
domicilio, o transporte sanitario para diálises, probas diagnósticas e
terapéuticas (radioterapia por exemplo).
E
así, ábrese a porta a novos copagos sanitarios co cambio normativo que o
Goberno realizou publicando o Real Decreto Lei 16/2012 o que supón un auténtico
Decretazo aprobado unilateralmente sen diálogo nin consenso.
Este
Real Decreto constitúe a maior agresión que sufre o Sistema Sanitario Público
dende a chegada da democracia. O PP ca escusa da crise está a realizar o maior
ataque, ó que os socialistas consideramos a nosa “xoia da coroa”, un sistema
sanitario que edificamos entre todos a raíz da Lei Xeral de Sanidade elaborada
e aprobada por un Goberno Socialista.
Este
real decreto rompe ca equidade e a universalidade. De entrada volve a falar de
asegurados en lugar de beneficiarios e os maiores de 26 anos que non cotizan a
seguridade social perden o seu dereito a asistencia e teñen que acreditar que
non superan unha serie de ingresos para recuperar dito dereito, cando ata de
agora tiñan ese dereito.
O
mesmo pasa cos emigrantes con residencia en España o que segundo os expertos
pode chegar a ocasionar un problema de sanidade pública ó limitar o acceso dos
inmigrantes sen recursos á asistencia sanitaria non urxente.
Creemos
que é un decreto que volve a repercutir os efectos da crise sobre os que non
son culpables da mesma e ademais seguimos pensando que o sistema sanitario
público é perfectamente sostible mantendo a mesma calidade asistencial e que
hai opcións de mellorar a eficiencia e a eficacia do mesmo sen repercutir sobre
os usuarios os costos do mesmo, e que está debidamente financiado polos
impostos de todos nós.
O sistema nacional de saúde pode ser sostible sen
realizar recortes nas prestacións, sen mermar a calidade e sen implantar o
copago sanitario.
Unha sanidade pública de calidade é un ben
irrenunciable e unha política fundamental para a equidade e a cohesión.
Por
todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes
ACORDOS:
1. O Pleno do Concello
de A Pobra do Caramiñal solicita a derogación do Real Decreto Lei 16/2012, de
medidas urxentes para garantir a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde e
mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións.
2. Instar ao Goberno a
dialogar cas forzas políticas, axentes sociais, Comunidades Autónomas e
Federación Española de Municipios para alcanzar un gran acordo que permita
garantir a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde mantendo os principios
establecidos na Lei Xeral de Sanidade de 1986.
No hay comentarios:
Publicar un comentario