A finais do verán
pasado o Concello decidiu que a escavadora de cadeas que estaba na Curota máis
unha máquina de limpeza de praias foran para o desguace, por acabarse a súa
vida útil.
É de todos sabido que
os desguaces por este tipo de maquinaria pagan por tonelada de ferro.
Preguntados os prezos nunha chatarrería do Barbanza, din que actualmente abónanse
220 euros por tonelada si se teñen que desprazar para desmontala no lugar onde este
depositada.
Consultados varios
técnicos estiman que soamente a escavadora de cadeas pesaba un mínimo de 20
toneladas polo que o Concello unicamente por este concepto debeu de ingresar uns 4.400
euros.
O goberno municipal ten
reservado nos orzamentos do ano 2012, 10.000 euros para a adquisición mediante
leasing dunha máquina limpapraias.
Por todo elo:
¿Cal
foi o importe que percibiu o Concello polo desguace da escavadora e máquina de
limpeza de praias?
¿En
que partida orzamentaria se integrou?
¿A
que se dedicou ou vai a dedicar dito ingreso?
¿Por
qué non se reflicte o custo do leasing da máquina da limpeza de praias cos
ingresos obtidos polo desguace das máquinas fora de uso?
No hay comentarios:
Publicar un comentario