sábado, 26 de mayo de 2012

DEPLORABLE FUNCIONAMENTO DA CENTRALIÑA DO CONCELLO

A centraliña  telefónica do Concello da Pobra leva case un ano prestando un mal servizo aos cidadáns. O equipo de goberno é consciente deste deficiente servizo debido ás queixas dos usuarios e dos propios traballadores do Concello. O problema consiste en que cando soa o teléfono e descolga a traballadora municipal, esta non escoita a persoa que está ao outro lado da liña, sen embargo o usuario que chama escoita perfectamente a funcionaria.

O mal funcionamento deriva incluso en insultos moi graves dos traballadores do concello a persoas que pretenden solicitar calquera información. Eu mesma fun testemuña dun conflito por esta causa, chegando a funcionaria, accidental, (non a habitual), a proferir o insulto  “fillo de puta”, a persoa que está a o outro lado da liña telefónica. A Alcaldía inmediatamente coñeceu o sucedido pero unha vez recriminada levemente a funcionaria o goberno municipal non fixo nada por arraxar o problema, posto que seguimos na actualidade cas mesmas deficiencias que hai un ano. Os responsables municipais deben corrixir de inmediato a mala imaxe que se está a dar desde o concello, é gravísimo que desde unha institución pública se profiran insultos aos cidadáns.

Asemade, existe outra deficiencia a cal consiste en que estando a liña ocupada e chamando desde calquera terminal exterior, non da sinal de “comunicando”, polo que os Administrados poden entender que o servizo telefónico non está atendido. 

Por outra banda, deberían dotar de cascos a centraliña xa que as traballadoras están facendo outras tarefas  e teñen que atender ó mesmo tempo as chamadas. Ó non proporcionar os cascos pode derivar en patoloxías osteomusculares a nivel cervical polas posturas adoptadas ao ter que atender varias cousas a vez.

Por todo elo:

¿Por qué non se arranxa o pésimo funcionamento da centraliña municipal?
¿Por qué non se melloran as condicións ergonómicas das funcionarias que atenden as chamadas telefónicas?

No hay comentarios: