jueves, 24 de mayo de 2012

Plan Especial de Protección de Reforma Interior do casco histórico

Mª Teresa García Guillán, Concelleira polo PSdeG-PSOE, no que no seu nome e representación comparezo, e como mellor proceda en Dereito, EXPOÑO:


PRIMEIRO.- O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de A Pobra do Caramiñal foi aprobado definitivamente o día 3 de xullo de 2008, e publicado no Diario Oficial de Galicia do día 1 de setembro de 2008.

SEGUNDO.- No documento “Estudo de sostiblidade ambiental, impacto territorial e paisaxístico” contido no PXOM reflíctese que o casco antigo, resultado da fusión espacial das dúas antigas pobras medievais, está bastante ben conservado, malia ás desafortunadas intervencións pouco sensibles que se produciron durante un longo período de tempo, e malia a unhas Normas Subsidiarias Municipais e un Estudo de Detalle das Prazas que contiñan a especulación inmobiliaria e consecuente desaparición do valor histórico e patrimonial de este conxunto histórico, manténdose no seu espírito a trama urbana inicial e evitando a desaparición do parcelario orixinal.

TERCEIRO.- Na Memoria do PXOM, o epígrafe 2.f) relativo a “normas urbanísticas” fai mención a que “o casco antigo da Pobra do Caramiñal, pola súa particular configuración e problemática urbanística específicas, é remitido a un Plan Especial de Protección, para o que se delimita o seu ámbito e se establece unha normativa transitoria que haberá de rexe-las actuacións sobre el en tanto non se aprobe o correspondente planeamento de carácter xeral. A seguir indícase que sobre ese recinto o Plan Xeral ven a confirmar a imposibilidade de abordar calquera tipo de regulación que non teña un alcance específico e pormenorizado, con nivel de detalle que excede o tratamento asumido polo planeamento de carácter xeral.

CUARTO.- O propio Catálogo do PXOM, de xeito transitorio e preventivo, incorpora unha grande cantidade de edificacións que polo seu carácter morfolóxico e histórico, revelador do espírito construtivo dos séculos XVIII e XIX, convén manter para futuras xeracións. Pero resulta insuficiente, en tanto en canto non é suficiente manter casos puntuais senón o conxunto.

QUINTO.- Que, a tal efecto, a propia Normativa do Plan Xeral establece unha ordenanza específica que no seu capítulo 7 define como “Ordenanza 5ª. Casco antigo. Normativa transitoria”, grafiada nos planos de ordenación na cor específica e abranguendo unha contorna perfectamente definida que coincide co que o PXOM define como Casco Antigo da Pobra do Caramiñal. O apartado “Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Antigo” di textualmente:

“O ámbito do casco antigo da Pobra do Caramiñal presenta uns valores ambientais notables, tanto polas características da súa estrutura urbana de orixe histórica como pola presenza de edificacións singulares, entre as que destaca a Torre de Bermúdez, declarada Monumento Histórico-artístico, conformando un conxunto cunha particular problemática urbanística que esixe unha ordenación pormenorizada que garanta a súa protección e recuperación. Conforme a estas circunstancias deberase proceder á elaboración dun Plan Especial de Protección e Reforna Interior para o ámbito do Casco Antigo que se delimita neste Plan Xeral”.

Continúa o texto, a seguir:

“O mencionado Plan Especial deberá ser sometido á súa aprobación no prazo de dous anos a partir da aprobación definitiva do presente Plan Xeral, recomendándose pola urxencia das súas finalidades, que a súa elaboración se desenvolva en paralelo á propia tramitación do Plan Xeral”.

Tamén engade:

“De acordo co establecido no art. 69 da Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, antes da aprobación definitiva do plan especial, deberase solicitar o informe preceptivo e vinculante da Consellería correspondente en materia de urbanismo e ordenación do territorio nos termos sinalados polo art. 86.1.d.”.

SEXTO.- Transcorreron CORENTA E TRES MESES (moito máis dos DOUS ANOS establecidos no Plan Xeral) e non temos nin aprobado definitivamente nin sequera comezado a tramitación do Plan Especial de Protección e Reforma Interior, o que indica o NULO INTERESE POLO URBANISMO E POLO PATRIMONIO que demostra este equipo de Goberno, que en maioría absoluta podía telo xa aprobado. Séguense a conceder licenzas ao abeiro de unha Ordenanza Provisional.

SÉPTIMO.- Segundo o Catálogo do PXOM, de xeito transitorio e preventivo, incorpora no Casco Antigo as seguintes edificacións para as que establece unha protección. Segundo o establecido polas Normas Complementarias e Subsidiarias Provinciais, así como pola Lei de Patrimonio Cultural, entre outras:


-          50 metros, cando se trate de elementos etnográficos como hórreos, pombais, cruceiros, etc..

-          100 metros, cando se trate de elementos de arquitectura relixiosa (igrexas, capelas, mosteiros, conxuntos parroquiais, santuarios, cemiterios, etc...), de arquitectura civil (pazos, casas señoriais, edificios sinalados, pontes, vías romanas, muíños, pesqueiras, etc...) ou de arquitectura militar (baterías, murallas, castelos, etc...).

-          200 metros, cando se trate de restos arqueolóxicos (petróglifos, mámoas, dólmenes, castros, etc...)


A área de protección mídese dende o punto máis exterior do ben a protexer e da súa leira: no caso de unha igrexa ou conxunto parroquial, por exemplo, dende o muro perimetral, incluíndo as zonas nas que hai vestixios. Dende aí, trázase o círculo de protección, de 50, 100 ou 200 metros.


A relación que comprende o Casco Antigo da Pobra do Caramiñal é a seguinte:

FICHA
EDIFICACIÓN PROTEXIDA
LOCALIZACIÓN
ÁREA DE PROTECCIÓN


30

Torre de Bermúdez

Rúa do Castelo

100 metros
31
Igrexa do Castelo e todo o Adro do Deán
O Castelo
100 metros
32
Igrexa e Adro de Santa María
O Caramiñal
100 metros
33
Capela e Portada do Cemiterio
Rúa de San Roque
100 metros
34
Portada do Cemiterio do Deán
Praza da Feira
100 metros
 35
Murallas do Adro do Deán
Campo da Feira
100 metros
36
Casa Grande de Aguiar
Rúa do Couto
100 metros
37
Pazo do Couto
Rúa do Couto
100 metros
38
Hospitaliño de Pelegríns
Rúa da Feira, 48
100 metros
39
Cristo do Pichón
Praza do Cristo do Pichón
50 metros
40
Cruceiro Trala Igrexa
Santa María
50 metros
41
Cruceiro do Adro do Deán
Santiago do Deán
50 metros
42
Cruceiro do Adro do Deán
Rúa do Castelo
50 metros
44
Cruceiro de Casto Dios
Rúa San Lázaro
50 metros
45
Fonte dos Catro Canos
Praza de Maura
50 metros
46
Fonte do Couto
Rúa do Castelo
50 metros
47
Fonte da Praza do Castelo
Praza do Castelo
50 metros
50
Casas con laudas gremiais
Adro do Deán
100 metros
51
Casa de servizo da Casa de Aguiar
Adro do Deán
100 metros
52
Casa da Cadea
Rúa da Ponte
100 metros
53
Casa con patín
Rúa Rafael Calleja, 10
100 metros
54
Casa Torre do Deán de Santiago
Rúa Tetuán, 41
100 metros
55
Casona da Familia Rábago
Cardenal Patiño, 1
100 metros
56
Casona dos Montenegro
O Xogo da bola, 5
100 metros
57
Casa Gótica do Patín
Rúa da Feira, 25-29
100 metros
58
Casona de Acuña
Praza da Constitución, 3
100 metros
59
Farmacia de Tato
Rúa da Paz, 12
100 metros
60
Antigo Casino
Rúa da Paz, 12
100 metros
61
Casa do Concello
Rúa Gasset, 28
100 metros
62
Casa con cruz e portalón
Rúa San Roque, esquina Gasset
100 metros
63
Edificio de vivendas
Santos Mieites e Díaz de Rábago
100 metros
64
Peirao do Centenario
Paseo marítimo Castelo
100 metros
65
Reitoral de Santa María e Casa do Carmo
Adro de Santa María
100 metros
66
Reitoral de Santiago do Deán
Díaz de Rábago, 18
100 metros
67
Casa da Estrela
O Xogo da Bola, 35
100 metros
68
Casa con elementos tardogóticos
Rúa Castelao, 22, 24
100 metros
69
Casa da Balconada
Rúa da Feira, 16
100 metros
70
Casa con escudo
Rafael Calleja, 21
100 metros
71
Casa con escudo
Rúa Tetuán, 60
100 metros
72
Casa na Praza do Cristo do Pichón
Praza do Cristo do Pichón
100 metros
73
Conxunto vivendas arquitectura popular
Rúa do Castelo, 1, 3, 5
100 metros
74
Edificio con placa en fachada
Rúa de Galicia, 1
100 metros
75
Casa do escritor
Praza V. García Martí, 15
100 metros
76
Villa Eugenia
Rúa de San Roque,
100 metros
77
Villa
Rúa San Lázaro
100 metros
78
Edificio de vivendas
Rúa Cardenal Patiño, 29
100 metros
79
Edificio de vivendas
Rúa da Paz, Praza de Maura
100 metros
80
Edificio de vivendas
Rúa da Paz, 17
100 metros
81
Edificio de vivendas
Rúa da Ponte, 57
100 metros
82
Vivenda
Paseo do Areal, 1
100 metros
83
Vivenda
Paseo do Areal, 2
100 metros
84
Vivenda
Paseo do Areal, 3
100 metros
85
Vivenda
Paseo do Areal, 4
100 metros
86
Casa de José Barreras
Paseo do Areal, 5-6
100 metros
87
Vivenda
Paseo do Areal, 7
100 metros
88
Vivenda
Paseo do Areal, 17
100 metros
89
Vivenda
Paseo do Areal, 18
100 metros
90
Almacén
Paseo do Areal,, 18-20
100 metros
91
Naves
Paseo do Areal
100 metros
93
Alameda. Xardíns de Valle-Inclán
Rúa da Paz
100 metros
94
Campo da Feria
Campo da Feria
100 metros

OITAVO.- Polo que se pode apreciar nos gráficos que se achegan, para dar idea do ámbito de protección do Plan Xeral, reflíctense algúns dos círculos en relación coa Lei de Patrimonio, pero unicamente de 11 dos 61 elementos protexidos.

É dicir,
TODO O ÁMBITO DO CASCO ANTIGO da Pobra do Caramiñal ESTÁ PROTEXIDO.


NOVENO.- Calquera licenza que se conceda dentro do ámbito da Ordenanza 5ª do PXOM, sexa do tipo que sexa, É NULA DE PLENO DEREITO se non conta coa autorización previa e vinculante da Comisión Territorial do Patrimonio Histórico da Coruña, en aplicación da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.

O que significa que para a tramitación de calquera licenza de calquera clase (obra maior, obra menor, establecementos comerciais ou hostaleiros, etc..) dentro do Casco Antigo da Pobra do Caramiñal debe previamente ir á Comisión da Coruña, o que atrasará a súa concesión un par de meses, a súa concesión sen o previo informe anula a propia licenza, e sobre todo, o Concello ten a OBRIGA de vixiar e inspeccionar consonte as obras non dean comezo antes da concesión das dúas autorizacións, tal e como prevé o Regulamento de Disciplina Urbanística de Galicia.

No informe que emita o técnico municipal de urbanismo deberá constar a distancia que cada licenza solicitada dista de cada un deses elementos protexidos, e é obriga profesional e como empregado público de comprobala.


DÉCIMO.- Son responsables das licenzas que non conten coa autorización previa e vinculante tódolos membros da Corporación que formen parte da Xunta de Goberno que as concederon, alén das responsabilidades que poidan ser esixidas ao técnico municipal que as informe sen dar conta á Xunta de Goberno de estes estremos.


UNDÉCIMO.- PARECE MÁIS LÓXICO, PRÁCTICO, ÁXIL, INTELIXENTE E DILIXENTE para os cidadáns e cidadás desta Vila dispor de un instrumento urbanístico preciso, no que se definan polo miúdo as características de tódalas edificacións do Casco Antigo da Pobra do Caramiñal, que APORTE SEGURIDADE XURÍDICA aos habitantes de esta Vila, que poidan saber o que poden e o que non poden facer nas súas propiedades. En vez de depender de presentar unha ou varias propostas e sometelas á decisión da Comisión do Patrimonio Histórico da Coruña.


Así o entendo eu e así o entenden as persoas que eu represento, como así o entenderon no seu día os Concellos que xa dispoñen de un Plan Especial de Protección de Reforma Interior dos seus cascos históricos, como é o caso de Noia, como o caso de Muros ou o caso de Padrón, que son os máis próximos, pero tamén outras vilas e cidades coa calidade urbanística e patrimonial que ten A Pobra do Caramiñal, como son os casos de Betanzos, Viveiro, Ribadavia, Baiona, Cangas, ou o mesmo Santiago de Compostela.


Non tendo constancia de que o Concello da Pobra do Caramiñal teña iniciados os trámites para a redacción do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Antigo da Pobra do Caramiñal, e a fin de evitar tódalas consecuencias citadas anteriormente, SOLICITO:


1)      Tome vostede coñecemento de todo o anteriormente exposto, déalle traslado del ao Aparellador Municipal e aos membros da Xunta de Goberno Local, para que teñan pleno coñecemento das súas responsabilidades e actúen dilixentemente e consonte a Dereito.

2)      Dea comezo, de inmediato, á tramitación de un Plan Especial de Protección e Reforma Interior do ámbito do Casco Antigo da Pobra do Caramiñal, que está perfectamente delimitado e definido como Ordenanza 5ª do Plan Xeral.


Tome coñecemento de que se non adopta estas medidas no presente mes, darei coñecemento ás administracións competentes na materia para que adopten as medidas oportunas na súa función de SUBROGACIÓN pola inacción municipal (artigo 215 da LOUGA), dando conta tamén á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU).

No hay comentarios: