A
voceira do PSdeG-PSOE da Pobra do Caramiñal non asistirá o XIII xantar dos
maiores, organizado polo Goberno do PP da Pobra que se celebrará o venres 4 de
maio, no Polideportivo Municipal de Venecia por solidaridade cas persoas que
están pasando necesidades, por entender que debemos distribuír os cartos dos
veciños ca maior dilixencia, por coherencia, por convicción.
Desde o Goberno do Estado
estanse a facer recortes que afectan a toda a poboación e de maneira moi especial
ao colectivo dos maiores. Faise a máis
importante agresión o Sistema Público de Saúde
dende a chegada da democracia co pago de medicamentos por parte dos
pensionistas, obrigase
aos usuarios a pagar as ortoprótesis (cadeiras de rodas, muletas e calzas,
xeonlleiras, tobilleiras), obriga tamén a
pagar os produtos dietéticos, por
exemplo vai a afectar a alimentación nutricional que se lles subministra por vía oral ou por sondas de
alimentación ós grandes dependentes e desnutridos, afecta ao transporte sanitario
non urxente, aos
maiores de 26 anos que non cotizan a seguridade social que perden o seu dereito a asistencia sanitaria, a
DEPENDENCIA, afecta gravemente a educación, a investigación, repercute no nivel
de vida das familias cas subidas do gas, da luz, co IRPF, ….
Son tantos e tan
graves os recortes que a Administración Local
debe racionalizar e priorizar os recursos dos que dispón, hai actividades as
que se pode renunciar por ser prescindibles ou posiblemente as realizan por
facer escaparatismo e propaganda política.
Na relación de facturas con
data de emisión 2 de marzo de 2011, facilitada
pola intervención do concello a día 2 de marzo de 2012 aparece aínda sen pagar “resto xuntanza 3ª idade 2007”
11.590,40 e “comida 3ª idade 2010”
11.932,11 euros, sumadas estas cantidades ao resto de comidas oficiais do equipo de goberno teñen
unha débeda de case 30.000 euros en gastos dos que se poden prescindir como
unha inauguración dun paseo que nos valeu aos Pobrenses 1.043,25 euros. Hai que
ter en conta que xa pasou máis dun ano desde esa última fiscalización polo
tanto a débeda seguiría aumentando tanto no gasto en festas como no resto de
conceptos.
Por solidaridade cas persoas
que están pasando necesidades, por entender que debemos distribuír os
cartos dos veciños ca maior dilixencia, por coherencia, por principios,
non asistirei a dito xantar. Non é falta de respecto aos maiores
que asistan, nin desprezo por un día que se reencontran e que o pasan
ben é unha cuestión de establecer prioridades e dedicar eses recursos a
cubrir as necesidades básicas da poboación como poden ser atender a
dependentes.
Desde o
goberno de España están esixindo continuos esforzos ás familias pero estarían
nunha mellor situación si as Administracións deran exemplo ca elección das
súas actividades.
|
1 comentario:
Son tempos de crise...
Son tempos de xestos...
E se por unha banda retallan nos medicamentos, retallan na educación, retallan nos servizos sociais,
non parece lóxico que se desmelenen cos vellos, cando todos sabemos que non é mais ca un acto electoral, un acto cuxo gasto dificilmente se pode xustificar
Ou sexa que por unha banda sácanme 96 euros que agora vou ter que pagar polos medicamentos, pero a cambio ofrécenme un xantar.
Asi non
Publicar un comentario